MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL POPULAR SOBRE A SITUACIÓN DAS INSTALACIÓNS MUNICIPAIS DO CAMPO DE FUTBOL DO CARREGAL

O Grupo Municipal Popular do Concello de Betanzos de acordo co disposto no Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais desexa elevar ao Pleno a seguinte

MOCIÓN:

Hai un ano e nove meses que aprobamos en pleno a seguinte moción sen recibir novas sobre este asunto:

Ante as recentes declaracións do clube de fútbol federado de veteráns Betanzos Norte, respecto das condicións de uso do campo de fútbol do Carregal no que esta agrupación denuncia un trato discriminatorio por parte do Concello de Betanzos, pola obriga de aboar 60 euros por partido ao Betanzos C.F., que xestiona as instalacións.

Este clube de veteráns alega que a imposición deste requisito incumpre a normativa sobre clubes federados e presentou o Concello un informe da Federación Galega de Fútbol sobre o seu caso, en concreto conclue que teñen dereito ao uso gratuito das instalacións.

Ante as manifestacións do anterior concelleiro de Deportes indicando que outros clubes pagan por usar outras instalacións municipais ás concesionarias de dita xestión e comprobando o desacordo entre todos os axentes implicados, acolléndonos ao deber das administracións públicas de ser transparentes coa xestión dos recursos públicos.

O Grupo Municipal Popular no Concello de Betanzos, presenta a seguinte PROPOSTA DE ACORDOS

1.- Instar ao Concello de Betanzos a que emita os informes correspondentes por parte da interventora e o secretario municipal, que aclaren a situación do uso e a explotación do campo de futbol do Carregal por parte do Betanzos C.F.

2.- Instar ao Concello de Betanzos que por parte da interventora municipal que informe dos gastos que asume o Concello sobre estas instalacións.

3.- Facultar á alcaldesa ou concelleiro en quen delegue a levar a bo fin estos acordos.

SuperWebTricks Loading...