MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL POPULAR REITERADA EN RELACIÓN ÁS SITUACIÓNS DE INSEGURIDADE NA CIDADE

O Grupo Municipal Popular no concello de Betanzos de acordo co disposto no Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais desexa elevar ao Pleno a seguinte Proposta de MOCIÓN:

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

Para o Partido Popular de Betanzos un dos principais retos que como cidade, e como sociedade, temos o deber de afrontar é o da seguridade.

Concordamos plenamente cos ODS da Axenda 2030 das Nacións Unidas, que considera que as persoas deben de ser o referente das actuacións públicas así como a verdadeira riqueza dunha sociedade, e que un aspecto crítico para o seu correcto desenvolvemento vital é o da seguridade.

Entende a ONU que a seguridade é un eixe fundamental do desenvolvemento do ser humano. Tamén nos indica que a seguridade cidadá é aquela parte da seguridade que prevén contra os delitos que afectan ás persoas e ao patrimonio e , que co tempo, evolucionou ata o concepto mais global de seguridade urbá.

De todo isto podemos deducir que a finalidade destas políticas non so é garantir a seguridade , senon que abarcan a necesidade de garantir a convivencia pacífica, a calidade de vida, a igualdade e a cohesión social. A seguridade dunha cidade vai mais alá da persecución de delincuentes ou a vixiancia do cumprimento da lei.

En Betanzos, nos últimos tempos e por desgraza, coñecemos e sufrimos o incremento da inseguridade: mais roubos, mais vandalismo no mobiliario tanto público como privado, carreiras de coches na zona urban, mais ruído nas zonas de marcha, mais destrozos en locais, máis ocupacións, en definitiva, un incremento considerado de conductas delitivas e outras que ocasionan malestar, medo, incomodo e noites sen durmir na nosa veciñanza

Dende o Grupo Municipal do Partido Popular entendemos que é preciso e urxente revisar e axustar as nosas políticas públicas de seguridade e dirixilas á consecución da convivencia pacífica e de eliminación das conductas que cercenan gravemente dereitos e liberdades.

Unha política de seguridade centrada na veciñanza, nos diferentes barrios en función das necesidades e que xire en torno a un recurso tan importante para o noso concello como é a policía local.

A eficacia e eficiencia da policía local, a dotación de recursos, as actuacións preventivas, a adaptación e modificación dos procedementos, a participación cidadá, son elementos sobre os que pensamos que debe pilotar o futuro da seguridade en Betanzos e que deben ser acordados entre todos, co maior consenso posible, lonxe de partidismos e actuacións illadas.

Por todo o exposto o Grupo Municipal do Partido Popular propón neste pleno que se adopte o seguinte acordo:

  • Creación da mesa de traballo pola seguridade, integrada por representantes dos veciños de Rosalía de Castro e Pozo- Cañota, representantes dos hosteleiros, ACEBE, ChesCasco, amigos del casco histórico, concello e voceiras e voceiro dos grupos municipais da corporación municipal.
  • Convocatoria inminente da mesa.
  • Que a alcaldesa ou concelleiro/a no/a que delegue, leve a bo fin o citado acordo.

SuperWebTricks Loading...