Rogos e preguntas xaneiro 2025

Rogos e preguntas xaneiro 2025

 

1- Como temos coñecemento, o pasado verán convocouse unha reunión para falar sobre a proposta da creación dunha comunidade enerxética, na que se barallaba a posibilidade de ter, no mes de outubro, establecidos uns estatutos. Poden comunicarnos se existen estos estatutos ou en que situación se atopa o proceso actualmente?

 

2- No mes de xaneiro de 2023, hai agora dous anos, a Xunta declarou en Betanzos a Área Rexurbe. Dende o grupo popular preguntámonos en que situación se atopa o plan de dinamización que corresponde ó Concello, para poder comezar canto antes a mellorar a zona.

 

3- Hai uns días, no consello municipal dos deportes, o concelleiro responsable falounos  sobre o equipo de valoración das subvencións, e fixo referencia a que, aquelas entidades que se presentaban, necesitaban un mínimo de 40 puntos. Pero, como do total de 15, 6 quedaban fora neste punto, este equipo de valoración decide anular a cláusula da puntuación mínima, subvencionando así á totalidade das entidades. Tendo en conta que a orde de axuda foi publicada nun boletín oficial, son coñecedores da gravidade que implica modificar ditas cláusulas?

 

4- Residentes da zona dos soportáis, e outros veciños que a menudo pasean pola plaza «do campo», móstrannos o seu descontento coa falta de mantemento nos bancos de Madeira que se sitúan ó longo da rúa dos ferradores, delimitando as terrazas. Dende o grupo popular rogamos se leve a cabo  unha labor de mantemento nesta zona, na que nos gustaría incluír a limpeza da estatua Dos irmáns García Naveira, entre outros elementos.

 

5- Nais e pais de nenas e nenos que frecuentan o parque do pasatempo, achégannos queixas sobre a limpeza na zona do parque polas defecacións continuas dos patos. Piden si se pode vetar esa zona ós animáis dalgunha maneira, ou no seu defecto, aumentar a frecuencia na limpeza. Tamén solicitan a instalación de mais puntos de luz en dito parque, xa que como ben sabemos, en inverno os días son máis curtos e a luz que hai faise escasa.

 

6- Usuarios do parque canino, coñecido como pipicán, trasladan a súa pena por non poder usalo en época de chuvias. Entendemos todos que o chan ten que ser cómodo para os cans, pero a entrada e a zona para chegar a el está impracticable para as persoas, e é o único lugar no pobo onde se poden ceibar os animáis con seguridade. Plantéxase o concello intentar mellorar as condicións de dito parque e do seu entorno para facelo máis transitable?

 

7- Veciños e veciñas do Coto trasládannos unha vez máis as queixas sobre o estado dos resxistros da auga, que levan unha boa temporada desbordando. Teñen coñecemento de a que se debe esta situación e están buscando a forma de solucionalo?

 

8- Hai uns meses, en pleno, fumos coñecedores da situación na que se atopaban certos locais da rúa Rosalía de Castro, con respecto á contaminación acústica, na que se obrigaba ó precintado de equipos por incumplir os niveis, facéndoos nocivos para a saúde humana. Que pasos teñen pensado dar para non seguir a vulnerar o dereito ó descanso destas persoas? Por que non se precintaron estos equipos en tempo e modo?

SuperWebTricks Loading...