MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL POPULAR PARA A ADOPCIÓN DE MEDIDAS DE MELLORA NA PARROQUIA DE PIADELA.

O Grupo Municipal Popular no concello de Betanzos. con arreglo ao disposto no Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais desexa elevar ao Pleno Municipal a seguinte Proposta de MOCIÓN,

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

Recentemente, o grupo municipal popular visitou a parroquia de Piadela acompañados dun grupo de veciñas e veciños. O obxecto da visita non foi outro que continuar co proceso de escoita a betanceiras e betanceiros na procura de actualizar as necesidades e demandas da veciñanza da nosa cidade. Na visita, que consistiu nun paseo a pé polo territorio, poidemos comprobar de primeira man que as peticións da veciñanza son prácticamente as mesmas que as que nos trasladaron en anteriores reunións, que xa puxemos de manifesto en anteriores sesións plenarias e que nos gustaría reiterar e trasladar a modo de iniciativa a través da presente moción.

A máis imperiosa é a necesidade de mellora da seguridade na estrada provincial DP-0810, estrada que rexistra altos niveis de tráfico rodado, ao seu paso por Piadela e Vila de Suso, sen beirarrúas, sen pasos de peóns e sen medidas que obriguen a cumprir os límites de velocidade que implican constantes e manifestos excesos de velocidade, tal e como son coñecedores, en primeira persoa, os veciños e veciñas. Recordarán que xa no ano 2021 aprobouse por unanimidade unha proposta nesta liña do grupo popular

 

nesta sala así como no pleno da Deputación da Coruña, impulsada polo noso grupo no ente provincial.

Relacionado co tráfico tamén é importante destacar a importancia de revisar as paradas do autobús na citada estrada.

Outro dos asuntos recurrentes é a falla de limpeza no entorno dos contedores, desbroce de cunetas e limpeza de beirarrúas, que en moitas ocasións imposibilita o uso das beirarrúas.

Non hai moito tempo que reclamamos a urxencia de proceder ao arreglo das humidades no local social así como a posta a punto e mantemento continuado do parque infantil anexo.

Tamén trasladamos en diversas ocasións un problema de saneamento xusto na entrada dende a estrada á que fixemos referencia en primeiro lugar.

E por último, pedimos a recuperación do camiño despois da igrexa, que xa non existe

Os veciños e veciñas deben de ser os principais protagonistas dos servizos así como das políticas públicas e deben de estar no centro das prioridades que garantan a súa seguridade.

Polo exposto, o Grupo Municipal Popular no concello de Betanzos, presenta a seguinte;

 

PROPOSTA DE ACORDOS

 

  1. Instar ao Concello de Betanzos a dar todos os pasos e facer os trámites necesarios para dar cumprimento ás demandas e necesidades da veciñanza de Piadela.

 

  1. Que a Alcaldesa ou concelleiro/a no/a que delegue, leve a bo fin os citados acordos.

 

SuperWebTricks Loading...