Rogos e preguntas do pleno novembro.

  1. Ao longo do mes pasado e o que vai de este, foron numerosos os veciños, sobre todo de zonas de Bravío, Martinete, Farragoto, Guiliade, Castro, Touriñao…que nos trasladaron a súa preocupación e malestar polo estado de abandono no que se atopan moitas parcelas e que afectan ás fincas e vivendas de moitos de estos veciños. Rogamos ao executivo municipal a que á maior brevidade leve a cabo as xestións necesarias para facer unha revisión xeral sobre éstas situacións no noso municipio e actuar para subsanalas , xa que se trata de escenarios frecuentes na parte rural pero que tamén se está a dar en zona urbana.

 

  1. A praza ubicada ao inicio da rúa Pintor Seijo Rubio, onde actualmente se atopan as oficinas do servizo de recaudación da Deputación da Coruña ¿ Cál é a súa titularidade?. No caso de que este espazo sexa de titularidade municipal, ¿ En que data se leva a cabo a recepción de esta?. Rogamos á concellería correspondente a que nos de traslado, no caso de que así sea, de toda a documentación relativa á titularidade de este espazo, recepción, datas, informes,etc…

 

  1. En decembro do 2020 esta corporación aprobou por unanimidade unha proposta dese grupo para levar a cabo as xestións necesarias para a realización dun censo municipal de maiores que vivan soas no termo municipal, e onde se espicificara aquelas condicións e circunstancias que se consideraran pertinentes, a fin de dispor da información máis actualizada e completa posible para suministrarlle as liñas de axudas ou facilitarlles os recursos públicos dos que poideran ser beneficiarias éstas persoas para que desta maneira mellorar a calidade de vida nos seus fogares e poder evitar situación de risco. ¿ En que situación se atopa este acordó aprobado por unanimidade? ¿ Que pasos se deron ata o dia de hoxe dende a súa aprobación?

 

  1. O estado do firme da Rúa Emilio Romay presenta dende hai tempo bastantes irregularidades no tocante ao súa pavimentación, especialmente nas zonas de acceso á rede de sanemaento e outras e que provocan o malestar e queixas dos usuarios e posibles perxuizos nos vehículos que diariamente circulan por esta vía. Este vial fora renovado no mandato anterior e xa provocara certas incidencias ao respecto tanto nos plazos como na súa execución. Por elo, rogamos ao goberno local a que na medida do posible leve a cabo a reparación das zonas afectadas nesta vía, xa que como ben saben trátase dunha das arterias principais da vila.
SuperWebTricks Loading...