Rogos e preguntas do mes de xaneiro

  1. Na sesión plenaria de novembro do pasado ano e no apartado de rogos e preguntas realizábamos unha serie de cuestións en relación á praza ubicada ao inicio da rúa Pintor Seijo Rubio, onde actualmente se atopan as oficinas do servizo de recaudación da Deputación da Coruña, e nas que expresábamos as seguintes preguntas: “Cál é a súa titularidade? No caso de que este espazo sexa de titularidade municipal, En que data se leva a cabo a recepción de esta?. Rogamos á concellería correspondente a que nos de traslado, no caso de que así sea, de toda a documentación relativa á titularidade de este espazo, recepción, datas, informes,etc…” Posteriormente na sesión plenaria do mes de decembro se nos respostaba únicamente por parte do goberno local que esta praza era de “uso público”. Dado que prácticamente ningunha das cuestión plantexadas na sesión de novembro foi respostada, reiteramos de novo este rogo/pregunta para conseguir unha contestación a poder ser con maior claridade e que de resposta a cada unha das cuestións que plantexamos.

 

  1. A longo do mes de xaneiro recibimos por parte de veciñ@s da zona dos Remedios un malestar pola problemática que se está a dar respecto ao aparcamento ou estacionamentos indebidos que se da nesta rúa, provocando que en moitas ocasións se dificulte o paso doutros vehículos ou incluso a difilcutade para acceder ás viviendas os propios veciñ@s da zona. Por iso, rogamos ao executivo municipal a que leve a cabo unha campaña informativa sobre as prohibición de estacionamento na rúa da Nosa Señora dos Remedios.

 

 

  1. Nos derradeiros días poidemos observar o estado de abandono no que o concello ten sumido as instalación polideportivas en Viladesuso. O malestar e desesperación manifestado por parte dos residentes na zona é reiterado e cansino xa que nos indican que solicitaron en varias ocasións ao goberno local que tomara as medidas necesarias sin que de momento se lles fixera caso algún. Por elo rogamos ao executivo municipal a que coa máxima axilidade acondicione e subsane a situación de abandono das pistas polideportivas en Viladesuso.

 

  1. Veciñ@s da zona do soportal da Cañota trasladannos o seu malestar polo pouco espazo de paso que existe na actualidade ao inicio de dito soportal, e debido principalmente a momentos nos que algún mobiliario das terrazas existentes está en pleno funcionamento. Por elo, rogamos ao executivo municipal a que revise esta zona e resolva esta situación.

 

 

  1. En xullo do 2021 na sesión plenaria de carácter ordinario, debatiase unha moción de urxencia sobre o uso dunha embarcación utilizada por Protección Civil. Nesa sesión o portavoz do goberno deu lectura dun informe redactado polo responsable de Protección Civil en Betanzos e tripulante da devandita embarcación naquel escenario. Rogamos ao Goberno Local a que nos remita copia de ese informe.
SuperWebTricks Loading...