ROGOS E PREGUNTAS AGOSTO DE 2.018

Veciños de Betanzos o Vello veñen de trasladarnos a súa preocupación nas derradeiras semanas porque unha das torretas de telefonía que estaba inoperativa dende fai uns anos, acaban de realizarselle tarefas de mantemento e colocación de antenas. ¿ Volve esta Torreta a estar emitindo o vai volver a emitir?

Residentes e veciños das inmediacións da rúa a Cerca manifestaronnos o seu gran malestar polas continuas incidencias que están a sofrer durante as madrugadas dos domingos debido aos escándalos, vandalismo e suciedade que veñen dados supostamente por grupos de xovenes que fan “botellón” nos arredores de esta zona. Rogamos ao executivo local a que tome as medidas e accións necesarias para controlar e solucionar esta grave problemática e que se está a dar de forma continua.

Durante as pasadas festas patronais, un gran número de locales de hostelería e veciños de diferentes zonas trasladaronnos unha vez máis o seu malestar polo desbordamento durante días dos diferentes puntos de recollida de lixo, unha situación esta que se da con máis frecuencia en diversas datas do ano, mostrando claramente unha falta de previsión por parte do goberno municipal á hora de celebrarse certas datas festivas e dando unha nefasta imaxe de moitas zonas da cidade. Rogamos ao executivo local a que cando se aproximen datas especiais ou eventos significativos leven a cabo un reforzo especial de servizo de limpeza e recollida de lixo.

Usuarios do Parque infantil da Ribeira trasladannos a súa preocupación polo estado no que se atopan algún mobiliario de xogo dende fai tempo. Rogamos á concellería correspondente que leve a cabo as accións necesarias para subsanar ditas deficiencias.

Os problemas na Praza Enrique IV continuan a darse xa non sólo polo estado no que se atopa a praza, senón tamén polos frecuentes problemas que se están a dar cas diferentes augas canalizadas de forma provisional dende fai xa bastante tempo, e sen que o goberno municipal haxa dado unha sola explicación aos veciños e residentes de esta zona. ¿ Cando ten pensado a nova Alcaldesa dar solución a esta situación sobre o estado desta praza?

SuperWebTricks Loading...