O PP de Betanzos solicitou ao Concello de Betanzos que se sume ao «Selo Concellos Emprendedores».

O grupo municipal do PP, ao amparo do disposto nos artigos 91.4 e 97 do Reglamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais presenta ante o Pleno da Corporación Municipal esta MOCIÓN, con base nos motivos e consideracións desenvoltos na seguinte:

 

Exposición de Motivos:

 

A Xunta de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) firmaron en outubro de 2017 un convenio de colaboración para impulsar a creación do selo “Concellos Emprendedores”.

Esta iniciativa, enmarcada dentro da nova Lei de implantación empresarial, ten como obxectivos contribuír á captación de investimentos para os concellos e para Galicia no seu conxunto, fidelizar empresas con necesidades de expansión e facilitar a creación de novas firmas.

Para ser Concello Emprendedor é preciso comprometerse a achegarlles ás empresas e aos/ás emprendedores/as:

  • Máis simplificación administrativa: bonificacións de ata o 95 % no IBI, IAE e ICIO para aqueles proxectos que impliquen nova implantación ou ampliación de empresas xa existentes.

 

  • Máis facilidades de acceso a solo industrial: concesión das licenzas de obra maior nun prazo máximo de 30 días naturais desde que dispoñen de todos os informes.

 

  • Máis incentivos fiscais: bonificacións e incorporación do dereito de superficie para favorecer o acceso a solo empresarial no seu municipio.

A cambio, a Xunta de Galicia dará prioridade aos Concellos Emprendedores en ordes de axudas que se convocan en réxime de concorrencia competitiva para impulsar o emprego, o emprendemento, o comercio local ou proxectos relacionados coa Industria 4.0. En concreto, inclúe un criterio específico no que o baremo de puntuación supoña, polo menos, o 20 % do total.

Baixo esta nova modalidade para incentivar o desenvolvemento industrial, que acolle a 121 concellos de Galicia, creáronse 529 empresas, estando o 45% domiciliadas na nosa provincia

Por todo o exposto anteriormente, o Partido Popular somete para a aprobación do Pleno da corporación municipal os seguintes

ACORDOS:

  1. Que o goberno municipal leve a cabo as accións necesarias para a adhesión ao selo “Concellos Emprendedores”.

 

  1. Que a Alcaldesa ou Concelleira/o no/a que delegue leven a bo término estos acordos.
SuperWebTricks Loading...