MOCIÓN PARA SUBSANAR AS DEFICIENCIAS EXISTENTES NOS PASOS DE PEATÓNS NO MUNICIPIO MAIS RESOLVER AS SÚAS CARENCIAS.

O Grupo Municipal do Partido Popular, ao amparo do disposto nos artigos 91.4 e 97 do Reglamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, presenta ante o Pleno da Corporación Municipal esta MOCIÓN, con base nos motivos e consideracións desenrolados na seguinte:
Exposición de Motivos:

As marcas sobre o pavimento, ou marcas viales, teñen por obxectoregular a circulación e advertir ou guiar aos usuarios na vía. Por elo, podríamos definir os pasos de peatóns como: “espazos situados sobre a calzada e que comparten peatóns máis vehículos nos puntos de cruce entre itinerarios peatonais e vehiculares. Así mesmo, a ubicación e deseño de pasos de peatóns deben considerarse elementos clave dentro do marco da planificación da movilidade urbán en xeral.

Estos pasos deben contar cunha visibilidade que permita ao conductor advertir da presencia do peatón, con antelación suficiente para deterse. É máis que evidente que un vehículo en movimento necesita, en función da súa velocidade, percorrer unha certa distancia ata a súa completa inmovilización. Seguramente o que máis e o que menos nos temos visto nalgunha ocasión, ben como peatón ou ben como conductor, envoltos nunha situación de alarma ou desagradable, debido en moitas ocasións á falta de visión neste tipo de marcas víais.

Por elo, é necesario levar a cabo unha intensa revisión do factor visibilidade en diversos pasos de peatóns ubicados especialmente no entramado urbán e que na actualidade están a ocasionar certos problemas sobre todo no que respecta ao factor anteriormente citado. Pero, non cabe dúbida que nesta revisión debese facer especial atención noutra serie de factores que deben de ser correxidos, mellorados ou ben actualizados. Se nos fixamos ou collemos datos de referencia de diferentes programas estatales de avaliación de este tipo de dispositivos viales, ou incluso a través dos Eurotest, podemos observar como os Pasos para Peatóns en xeral necesitan de melloras significativas.
Factores de relevancia para levar a cabo unha boa e eficaz xestión dos pasos podrían ser:

• Ancho dd paso (dunha beirarrúa a outra)
• Eficiencia da fase verde máis da transición entre a fase verde e a vermella
• Duración da fase vermella
• Sinal de conta atrás para peatón.
• Mantemento da superficie da calzada
• Mantemento das marcas viais
• Mantemento das sinais. Visibilidade diurna.
• Distancia de visibilidade mínima de aproximamento diurno e nocturno (a distancia que o conductor necesita para recoñecer a presencia dun peatón que está esperando a cruzar nun paso de peatóns)
• Visibilidade das sinais do paso de peatóns (para conductores)
• Visibilidade das marcas viais na calzada (para conductores)
• Condicións de iluminación
• Presencia de rampas nas beirarrúas ou a ras do chán.
• Presencia de escalóns adecuados para persoas invidentes
• Presencia dun pavimento táctil adecuado para persoas invidentes (direccionamiento e advertencia de aproximación)
• Presencia de dispositivos acústicos/vibratorio para peatóns invidentes ou con dificultades de visión.
• Ángulo axeitado (90º) entre beirarrúa e paso.
• Pictogramas móviles para usuarios xordos.
Dende esta formación, e tamén do recollido por peatóns e usuarios de vehículos, detectamos pasos nos que a seguridade das persoas ante a proximidade dun vehículo pode verse comprometida. Atopamos tamén outros casos nos que debido a certos tipos de elementos impidese a visibilidade do peatón mási o conductor. Ademais, existen pasos de peatones cunha iluminación insuficiente en viales da localidade en vías principales. Aun contando cunha certa iluminación, resulta moi convinte a instalación de sistemas de alumado ou sinalización específica e máis eficiente que resalte a presencia do paso de peatón e dos propios viandantes.

Por outra banda, é importante destacar a existencia de numerosos pasos no municipio que na actualidade non contan cunha accesibilidade correcta, e dicir, que non se atopan adaptados ás normativas vixentes en realción á eliminación de barreiras aruitectónicas. Algúns de estos casos se poden atopar en zonas como a Pontevella, Valdoncel, Rúa Os Ánxeles, Cruz Verde entre outras e onde se pode contemplar perfectamente como as beirarrúas non se atopan adpatadas para unha boa accesibilidade dirixida a persoas con algún tipo de discapacidade.

Entendendo pois, a impulsión do Pleno como Órgano decisorio e tendo en conta o exposto con anterioridade dende o Grupo do Partido Popular sometemos para a sua aprobación do Pleno da Corporación Municipal os seguintes ACORDOS:

1.- Que o Concello de Betanzos, cos servizos técnicos correspondentes, elabore nun prazo de tres meses un programa especifico e detallado sobre as deficiencias ou carencias mencionadas na exposición de motivos respecto ao pasos para peatóns , o cal será elevado a este órgano e no que se deberá contemplar as actuacións por orde de prioridade que se executarán, maís as contías económicas necesarias para o acondicionamento e adpatación de estos dispositivos ás normativas vixentes no seu caso.

2.- Facultar ao Alcalde ou concelleiro en que delegue a levar a bo fin estos acordos.

SuperWebTricks Loading...