MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DO PARTIDO POPULAR PARA DAR CUMPRIMENTO AO ACORDO APROBADO POR UNANIMIDADE DA CORPORACIÓN DOS VECIÑOS DA RÚA ROSALÍA DE CASTRO

O Grupo Municipal Popular no Concello de Betanzos, de acordo co disposto no Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, desexa elevar ao Pleno Municipal a seguinte MOCIÓN

 

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:

No marco da participación cidadá e o dereito dos veciños a expoñer as súas inquedanzas ante as autoridades, os residentes da rúa Rosalía de Castro e colindantes presentaron un manifesto ao Concello de Betanzos, expoñendo a situación que están a sufrir.

Este manifesto, aprobado por unanimidade no pleno municipal, incluía unha serie de medidas para poñer fin a esta problemática, garantir o descanso dos veciños e mellorar a seguridade na zona. A pesar da aprobación unánime de ditas medidas, a data de hoxe, os veciños seguen esperando que se faga efectivo o cumprimento do acordado.

Ante esta situación, proponse ao Pleno da Corporación de Betanzos a adopción dos seguintes ACORDOS:

1.- Esixir ao Concello que execute de forma urxente todas as medidas
aprobadas no manifesto dos veciños da rúa Rosalía de Castro.
2.- Solicitar un informe detallado sobre o estado de implementación das
medidas, incluíndo calendario e recursos asignados.
3.- Incrementar a presenza policial e controlar o ruído dos locais e vehículos modificados na rúa.
4.- Reafirmar o compromiso do Concello para garantir o benestar dos residentes e o cumprimento das normativas.
5.- Que a alcaldesa ou concelleiro/a no/a que delegue, leve a bo fin os
citados acordos.

SuperWebTricks Loading...