ROGOS E PREGUNTAS SETEMBRO 2022.

ROGOS E PREGUNTAS SETEMBRO 2.022.

  • En maio do pasado ano trasladamos ao executivo municipal a necesidade de reparación no pavillón deportivo de Guiliade. Recentemente comprobamos que o seu estado non so non mellorou senon empeorou. ¿ Teñen previsto realizar as oportunas reparacións? Se a resposta é afirmativa, cando?

 

  •  Na derradeira semana este grupo recibiu, por parte de varios veciños da rúa Rollo, queixas pola falta de limpeza así como pola escasez de papeleiras, concretamente hai unha á altura do n.º 13. ¿ Cal é o motivo por que non atenden as múltiples peticións veciñais en materia de limpeza? ¿ Cando teñen pensado reforzar este servizo? Está prevista a instalación de máis papeleiras na citada rúa?

 

  • Non é a primeira vez que dende abril de 2019 trasladamos o malestar veciñal polas tuberías que adornan a muralla da Fonte de Unta. Transcurridos mais de tres anos, dende as primeiras queixas, insistimos. ¿ Cando van a facer as correspondentes actuacións?

 

  • Na relación de decretos que achegan xunto á documentación do pleno, datas dende o 26 de agosto ao 22 de setembro, atopamos que o pasado 13 de setembro proceden a aprobar as liñas fundamentais do presuposto. Hoxe é 26 de setembro. Sendo conscientes que a información e transparencia deste goberno aos grupos que formamos a oposición brilla pola sua ausencia formulamos a seguinte pregunta. ¿ Cando teñen pensado expoñer estas liñas? ¿ Cómo pretenden que fagamos aportacións ao mesmo sen coñecer a folla de ruta dos orzamentos?

 

  • A pista que vai dende a pista deportiva da Angustia ata a AC161 atópase nun estado de visible abandono, precisa atención e unha rápida actuación. Cando teñen previsto o seu amaño?
SuperWebTricks Loading...