SOLICITUDE DE COMPARECENCIA DO DELEGADO DE URBANISMO DO CONCELLO DE BETANZOS

O Grupo Municipal do Partido Popular, ao amparo do disposto no Regulamento de Organización Municipal, presenta ao Pleno da Corporación Municipal esta SOLICITUDE, con base aos motivos e consideracións desenvoltos na seguinte:

Exposición de motivos:

O 15 de setembro do 2021 aprobouse inicialmente o primeiro PXOM da historia de Betanzos. Dita aprobación implicou unha limitación, durante un período de dous anos, na concesión de licencias de parcelación de terreos, edificación e demolición. Tamén supuxo a presentación de preto de 700 alegacións dos veciños da nosa cidade. Ante a inminente finalización do prazo para a sua aprobación definitiva, o vindeiro 15 de setembro, e a falta de información sobre a situación na que se atopa, solicitamos a

COMPARECENCIA DO CONCELLEIRO-DELEGADO DE URBANISMO DO CONCELLO DE BETANZOS PARA INFORMAR DO SEGUINTE ASUNTO;

– Situación actual do PXOM.

SuperWebTricks Loading...