Solicitude de comparecencia do delegado de obras

O Grupo Municipal do Partido Popular, ao amparo do disposto no Regulamento de Organización Municipal, presenta ante o Pleno da Corporación Municipal esta SOLICITUDE, con base aos motivos e consideracións desenvoltos na seguinte:

Exposición de motivos:

 No mes de xuño de 2020, leíamos na prensa a seguinte información: o Concello de Betanzos renovará a rúa Pintor Seijo Rubio gracias á financiación do plan provincial. A obra inclúe substituir a rede de alcantarillado e a recollida de pluviais, ademáis de poñer novas aceras (máis anchas) e pasos de peóns, como se fixo en Alcalde Beccaría, Venezuela o Alcalde Tomás Dapena.

A actuación tamén prevé delimitar a zona de aparcamento, eliminar as barreiras arquitectónicas, repoñer señalización vial, instalar papeleras e bolardos.

A inicios do mes de setembro, do mesmo ano, e tamén pola prensa, anunciaba o goberno local o inicio das obras cun prazo de execución de 4 meses sen ter en conta unha alternativa para os vecinos e veciñas no que a entrada a garaxes se refire.

Transcurridos seis meses dende o inicio das obras, seguimos a recibir queixas no vecindario pola mala execución das obras, o incumprimento dos prazos así como polo descoñecemento da data de remate. Tendo en conta a gravidade da citada execución, dende o Grupo Municipal do Partido Popular solicítase en base ao Regulamento Órganico Municipal, a inclusión na orde do día da sesión plenaria ordinaria do día 30 de marzo de 2021, do seguinte punto:

COMPARECENCIA DO DELEGADO DE OBRAS DO CONCELLO DE BETANZOS PARA INFORMAR DA SITUACIÓN ACTUAL DESTA REPARACIÓN.

 

 

SuperWebTricks Loading...