ROGOS E PREGUNTAS XANEIRO DO 2021

ROGOS E PREGUNTAS XANEIRO DO 2021.

  1. Tras varias peticións por parte de diversos colectivos asociativos e veciñais, dende o grupo popular realizamos a seguinte cuestión: Na responsabilidade civil que terá contratada o Concello de Betanzos supoñense varias coberturas, dentro das cales entendemos que unha fundamental será a de Responsabilidade Patrimonial. ¿ Podennos confirmar que na actualidade o Concello de Betanzos conta con esta cobertura de Responsabilidade Patrimonial?. Da mesma maneira rogamos nos adxunten documentación necesaria para revisar todolos supostos que teñan cobertura dentro da Responsabilidade Civil que ten o Concello de Betanzos.

 

  1. Non cabe dúbida que a situación que estamos atravesando mudou de moitas maneiras a forma na que desenrolamos as nosas actividades no día a día. Sin ir máis lonxe, na actualidade as sesións plenarias tanto ordinarias como extraordinarias xa son unha normalidade realizalas de forma telemática. E por elo, que tras estas novas formas e procedementos que agora usamos nestas sesións, rogamoslle ao executivo municipal que para seguir unha normalidade similar á que se daba cando os plenos eran celebrados presencialmente, permita o acceso aos medios de comunicación a ditas sesión co galo obviamente de continuar cunha transparencia dentro de estos órganos tal e como se daba con anterioridade.

 

  1. Veciños da Cañota-Fonte de Unta, trasladannos as súas inquedanzas pola situación de funcionamento da rede de saneamento nesta zona e que con frecuencia provoca atascos en dita rede afectando a algúns domicilios. Rogamos ao goberno municipal a que leve a cabo unha revisión da devandita rede nesta zona e subsane aquelas deficiencias que poida presentar.

 

  1. Ante as recentes informacións aparecidas na prensa e redes sociais, sobre a celebración de plenos municipais infantís en dous dos centros educativos desta cidade, o Grupo Municipal Popular do Concello de Betanzos, quere realizar no Pleno desta Corporación un par de rogos derivados das seguintes consideracións.

 

O Pleno  é un órgano de goberno municipal recollido na ley que nos di ao respecto:

“El ayuntamiento actúa a través de unos órganos diferenciados con atribuciones propias…”

“Son órganos necesarios el alcalde, los tenientes de alcalde, el pleno y la comisión de gobierno en municipios con más de 5000 h o en los que lo acuerde su reglamento orgánico…”

“El pleno esta integrado por todos los concejales, presidido por el alcalde…”

A ley e o seu regulamento tamén definen ao detalle a forma de convocar un pleno, as materias e os prazos a cumprir, quen o convoca, quen o preside… etc…

Á vista desta lexislación é doado concluir que o sucedido nestes dous centros educativos non ten nada que ver coa realización dun “pleno municipal” e polo tanto non nos parece moi ético favorecer que a nosa comunidade educativa caiga neste erro.

A maior pecularidade da institución do Pleno Municipal é o seu “Pluralismo Político” que ven dado polo feito que para a súa constitución é necesaria a convocatoria de tódolos concelleiros, sexa cal sexa o grupo político ao que pertenzan, nada que ver co sucedido nestes actos nos que, con escaso talante democrático según a nosa opinión, non só non se  convocou como sería preceptivo no seu caso a tódolos concelleiros da Corporación, se non que tampouco recibiron ningunha comunicación ou comentario sobre a intención de realizar estes actos como podería esixir a mais elemental das cortesías institucionais.

Por todo isto rogamos ao grupo de goberno do Concello de Betanzos que contribúa a que por pedagoxía democrática, tódalas partes implicadas, concelleiros do grupo de goberno, comunidades educativas, prensa, redes sociais, incluídas as do propio Concello, etc… sitúen estes actos no que realmente son, é dicir, reunións do grupo de goberno municial, grupo socialista neste caso, con algunha das comunidades educativas do noso Concello.

 

Por outra banda a segunda consideración que habería que facer ao respecto destes actos é a forma da súa celebración.

Resúltanos chamativo que o día 19 de xaneiro, según se pode todavía ver na páxina web institucional do noso Concello apareza a nova: “Reunión COVID previa ao peche perimetral decretado pola Xunta”. O día 21, tamén de xaneiro, a nosa Alcaldesa firma a resolución do Decreto de convocatoria do pleno de data de hoxe 26 de xaneiro, e o fai ante a grave situación que estase a vivir por mor da pandemia, moi razoablemente de forma telemática. O mesmo día 21 aparece un comunicado no que se di que: “A Concellería de Cultura e a dirección da Escola Municipal de Folclore (EMuF) deciden adoptar novas medidas de xeito preventivo e realizar a actividade docente de modo telemático desde hoxe, 21 de xaneiro, e ata que dure a situación actual e o alto nivel de contaxios en Betanzos.”

A pesares de todas estas razoables decisión, ao día seguinte, día 22, celébrase de forma presencial no Colexio de Atocha de Betanzos o mal chamado Pleno Infantil, coa asistencia según aparece en diversos medios de comunicación, con foto incluida, de a lo menos a nosa Alcaldesa Dª María Barral e do Concelleiro de Educación Dº Andrés Hermida.

O rogo que se deriva desta consideración é a de solicitarlles a todos os membros do grupo de goberno desta corporación, con especial insistencia nos asistentes a estes actos, que se tomen en serio os especiais momentos que estamos vivindo e prescindan de este tipo de reunións, que por moi suxestivos que poidan ser a nivel gráfico, poden contribuir a espallar a terrible pandemia que estamos padecendo.

SuperWebTricks Loading...