ROGOS E PREGUNTAS SESIÓN PLENARIA ORDINARIA MAIO 2.018

1. Nas derradeiras semanas veciños na zona da Ribeira, concretamente os que residen nos edificios do Grupo Brigantium, trasladaronnos a súa preocupación pola suciedade existente nas inmediacións así como pola frecuente presenza de ratas na zona. Igualmente trasladamos a preocupación existente polo estado de suciedade no que se atopa o alcantarillado nesta zona. Rogamos ao executivo municipal que leve a cabo as acción necesarias para dar solución a estas queixas veciñais.

 

2. Dende fai uns meses, son varios os usuarios do Parking soterrado da Praza Irmáns García Naveira que veñen de trasladarnos as súas queixas pola complexidade no momento de saír de esta instalación, provocándose en numerosas ocasións roces ou danos de diversa magnitude nos vehículos. Rogamos ao goberno municipal a que na medida do posible realice as acción necesarias para subsanar esta situación e faga as valoracións necesarias para modificar a saída de estas instalacións.

 

3. Residentes da Rúa do Ouro, veñen recentemente de trasladarnos o seu malestar pola pouca frecuencia na que levan a cabo as tarefas de limpeza nesta zona, ao igual que nos manifestan as súas queixas polo estado do pavimento de esta rúa e que presenta varias pedras levantadas do firme e que provocan en certas ocasións tropezos de peatóns.

 

4. En varias ocasións, dende esta formación se lle solicitou ao executivo municipal a convocatoria dunha reunión con representantes do colectivo de traballadoras do Servizo no Fogar (SAF), da empresa concesionaria, do goberno local máis dun representante de cada formación que compón esta corporación para evaluar e analizar, non soamentes o estado no que se atopa este servizo e as súas problemáticas que a día de hoxe continúan, senón tamén para analizar os pasos dados tras a moción presentada pola oposición de esta corporación. Dado que ata a data non se levou a cabo dita petición, rogamos ao executivo local convoque na maior brevidade esta reunión solicitada.

 

5. Nas beirarrúas que suben dirección ao colexio de Atocha observamos que se atopan diversas deficencias tanto nas propias beirarrúas como tamén nas barandas existentes nalgún tramo, ben por causa de atoparse tiradas ou ben por estar soltas dos seus anclaxes. Dada a frecuencia de paso por esta zona de escolares, rogamos ao executivo local que realice as acción necesarias para correxir estas deficencias para dar maior seguridade aos peatóns que por alí transcurren.
SuperWebTricks Loading...