ROGOS E PREGUNTAS FEBREIRO DO 2018.
1. Nas derradeiras semanas varios usuarios e colectivos trasladaronnos a sua preocupación polo estado de suciedade no que se atopan de forma habitual as pistas cubertas ubicadas no Carregal. Estas instalación, levadas a cabo no mandato de goberno do partido popular, teñen unha gran afluencia de usuarios ademáis de poder ser utilizadas para outro tipo de actuacións diferentes ás deportivas, por elo rogamos ao goberno local a que leve a cabo con maior frecuencia e intensidade unha correcta limpeza destas instalación.
2. As deficencias existentes na limpeza viaria urbán no concello de Betanzos estanse a convertir nunha queixa habitual por parte da cidadanía betanceira. Nesta ocasión, numerosos veciños, comerciantes,usuarios e residentes do casco histórico trasladaronnos o seu malestar pola grave falta de limpeza nas diferentes vías do entramado histórico, mostrándose en moitas ocasións unha mala imaxe de este entorno, e incluso provocando que en moitas ocasións sexan os porpios veciños ou comerciantes os que teñan que levar a cabo tarfeas de limpeza que son competencia municipal. Rogamos ao executivo municipal a que preste maior atención a esta deficencia xa habitual e intensifique as tarefas de limpeza e mantemento nesta zona.
3. Na bifurcación existente na zona de Bellavista e que da acceso tanto de subida como de baixada as instalaciós municipais alí ubicadas, como tamén para dirixirse hacia Talay entre outra zonas, estase a dar unha problemática no que respecta á sinalización nesta contorna e que provoca en moitas ocasións confusións nos conductores tanto no inicio da subida como nos tramos intermedios. Por elo, rogamos que se leva a cabo unha correcta e mais visible sinalización na illa ubicada xusto antes de acceder a seta bifurcación, así como na parte superior de cara aos vehículos que acceden dende Talay ou Armea. Igualmente rogamos se leva a cabo un correcto pintado das marcas víais que se atopan na zona de Bellavista.
4. Rogamos ao goberno municipal a que nos traslade copia de listado onde se de conta de todas as parcelas que na actualidade son de titularidade municipal.
5. Nas pasadas datas de carnavales, diversas zonas da cidade vironse afectadas polas consecuencias de “botellóns” incontrolados que deixaron non soamentes unha lamentable imaxe na limpeza en numerosas rúas, senón tamén mobiliario urbán roto, accesos a vivendas (portais) co cristal roto, restos de botellas de vidrio roto en zonas de xogo infantil, pintadas en fachadas, etc.. o máis grave é que a maiores de producirse este tipo de situacións en datas sinalada, e nas que o concello debería ter unha maior previsión nas tarefas de limpeza e seguridade, estas situacións estanse a dar con frecuencia nos fines de semana en varias rúas da cidade e provocando un gran malestar e temor na veciñanza, chegandose ao punto de que algún veciño se veu molestado, atemorizado e con impedimentos á hora de acceder á súa vivenda. ¿ Qué accións está a valorar o goberno municipal para minimizar este tipo de situación? ¿ Qué pasos deu ata a actualidade para intentar correxir este contexto? ¿ Ten previsto o executivo local en datas sinaladas nas que se dan este tipo de situacións prever un reforzo na limpeza viaria para non dar a imaxe lamentable sucedida recentemente?