Rogos e preguntas do mes de xuño

  • Nos derradeiros días veciños e veciñas veñen de trasladarnos as queixas polo mal estado dos contedores, así como a falta de limpeza destes e o mal olor que desprenden nas inmediacións nas que se atopan, como o calexón de facenda, porta da vila, fonte de unta, avda. Jesús García Naveira entre outras.

Rogamos ao executivo municipal que proceda a tomar as medidas oportunas para subsanar ditas deficiencias.

  • Veciños e veciñas de San Paio veñen de trasladarnos a sua inquedanza pola falta de poda das árbores da zona, as cales poden provocar danos a veciñanza. Tamén nos trasladaron  as queixas pola falta de corta da herba no campo da festa, así como a solicitude de quitar o galpón que está pareado a capela. Rogamos ao executivo municipal que proceda a tomar as medidas oportunas para subsanar ditas deficiencias.

 

  • Unha vez máis os veciños e veciñas de Saavedra Meneses e da Galera nos trasladan as súas queixas polos cortes no abastecemento de auga que veñen sufrindo nos derradeiros días.  Rogamos ao executivo municipal que sempre que sexa posible de aviso con antelación aos  veciños e veciñas, así como o tecido empresarial da zona.

 

  • Nos derradeiros días veñen de trasladarnos as suas queixas moitos dos estudantes da nosa cidade, estas veñen dadas polo horario de verán da biblioteca municipal. Consideramos de gran importancia un horario máis amplio de este servizo, xa que temos un municipio con unha gran cantidade de estudantes co dereito de utilizar dita biblioteca, máis se cabe sabendo que estamos en épocas da ABAU e oposicións. Rogamos ao executivo municipal que tome as medidas necesarias para solucionar ditas deficiencias neste servizo a maior brevidade posible. 

 

  • Nas derradeiras semanas veciños e veciñas do noso municipio veñen de trasladarnos o seu mal estar polo deterioro da ponte de madeira e solicitan a reparación e posterior mantemento da mesma. Rogamos ao goberno municipal tome as medidas oportunas para solventar ditas deficiencias na maior brevidade posible.
SuperWebTricks Loading...