ROGOS E PREGUNTAS DECEMBRO 2022

  1. Na relación de decretos que achegan xunto á documentación do pleno, datas dende o 24 de novembro ao 26 de decembro, atopamos que o pasado 29 de novembro constan dous expedientes de reclamación de sendos informes por parte da Valedora do Pobo, referentes a solicitude de información por parte deste grupo municipal. ¿ Cando teñen pensado dar resposta ?
  2. Na derradeira semana este grupo recibiu, por parte de varios veciños da rúa do Castro, preocupación pola inseguridade que provocan os coches que, cando se atopa levantado o pivote no inicio da rúa, moven as macetas e colanse polo lateral dereito. ¿ Teñen coñecemento desta situación? Rogamos que procedan a eliminar esta mala práctica.
  3. Non é a primeira vez que nos derradeiros anos trasladamos o malestar veciñal pola proliferación de verdín en múltiples rúas da nosa cidade, ocasionando, moitas veces, caídas dos veciños. Transcurridos mais de tres anos, dende as primeiras queixas, insistimos. ¿ Teñen algún plan para atallar este problema? ¿ Cando van a facer as correspondentes actuacións?
  4. Na relación de decretos que achegan xunto á documentación do pleno, datas dende o 24 de novembro ao 26 de decembro, atopamos que o pasado 28 de novembro consta unha solicitude de pago de cantidades adeudadas a varias comunidades de propietarios. ¿ Poden aclararnos cal é a reclamación?

Na relación de decretos que achegan xunto á documentación do pleno, datas dende o 24 de novembro ao 26 de decembro, atopamos duas reclamacións patrimoniais por danos  ¿ Teñen pensado atender as solicitudes de reparación destas

SuperWebTricks Loading...