Rogos e preguntas de agosto de 2019

Rogos es preguntas de agosto de 2019.

  1. No pasado mandato un dos puntos que se debatiron en pleno, foi a cuestión relacionada cas actividades extraescolares do CEIP Vales Villamarín e a asunción por parte do concello da xestión das mesmas para o vindeiro curso académico. Nas derradeiras semanas , a única información que esta formación ten é exclusivamente a través de diversos medios de comunicación ou manifestacións feitas dende o grupo de goberno a través de outros colectivos. Cremos sinceiramente que xa que se trata dunha cuestión que se debatira a finais do anterior mandato pola corporación, o mínimo que se podría dar por parte do Goberno municipal era actuar ca máxima transparencia e diálogo e informar ao resto da corporación sobre as opcións ou procedementos que levará a cabo o concello en relación á xestión das actividades extraescolares. Por elo, rogamos ao executivo municipal a que de forma urxente convoquen unha xuntanza para dar explicacións e a correspondente información sobre cales van a ser as pautas a seguir para a xestión das devanditas actividades no CEIP Vales Villamarín para o vindeiro curso.

 

  1. Durante este mes de agosto, numerosos veciños maís varios colectivos asociativos trasladaronnos o seu malestar en referencia aos puntos de recollida de lixo en gran parte do entramado urbán. Contenedores rotos, mal olor en zonas de gran afluencia , suciedade neste tipo de mobiliario, etc.. e que xeran que algún dos espazos da nosa cidade amose unha triste imaxe, ademáis claro está da insalubridade que presenta. Por elo, rogamos ao executivo municipal a que realice as xestións necesarias para revertir e subsanar este tipo de situacións que se están a dar en zonas como Rúa Ferradores, Fonte de Unta, Rosalia de Castro, Pintor Seijo Rubio, Tomas Dapena, entre outras.

 

 

  1. De forma habitual, a excepción dos derradeiros meses e por problemas técnicos, as sesións plenarias desta corporación viñan sendo retransmitidas en directo pola radio e tendo ademáis un importante seguimento de veciños, programación esta que imaxinamos en breve será restituída. Por elo, rogaríamos ao executivo municipal que a maiores da posta en marcha de novo dos plenos radiados, aproveitaran tamén para ofrecer a opción de que tódalas sesión plenarias poidan ser retransmitidas polo canal “YouTube” e desta forma conseguir que a  información deste órgano poida chegar a través de máis canales á cidadanía.

 

 

  1. Rogamos ao Goberno municipal a que na próxima sesión plenaria se nos remita copia dun listado onde se de conta de todas as parcelas que na actualidade son de titularidade municipal, e desta maneira poder ter a maior información sobre esta cuestión o resto de grupos que conformamos esta corporación.

 

  1. Veciños de Betanzos o Vello veñen de trasladarnos de novo a súa preocupación porque unha das torretas de telefonía que estaba inoperativa dende fai uns anos, volveron a observar operarios na mesma. ¿ Volve esta antena a estar emitindo o vai volver a emitir? ¿ Ten o Goberno municipal constancia ou coñecemento de que tipo de tarefas se levaron a cabo nesta torreta nos derradeiros meses?

 

SuperWebTricks Loading...