MOCIÓN PARA RESOLVER AS DIVERSAS DEFICIENCIAS NO PAVILLÓN POLIDEPORTIVO MUNICIPAL
O Grupo Municipal do Partido Popular, ao amparo do disposto nos artigos 91.4 e 97 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, presenta ante o Pleno da Corporación Municipal esta MOCIÓN,con base aos motivos e consideracións desenvoltos na seguinte:
Exposición de motivos:
O Pavillón Polideportivo Municipal situado na zona do Carregal é a única infraestrutura destas características coa que contamos no noso municipio.
Como ben saberán, unha instalación, na que a actividade deportiva que se desenvolve é de todos os días do ano e a través de diferentes modalidades deportivas.
Cabe recordar, que dentro de todas estas actividades que se veñen desenvolvendo ao longo de toda a tempada, algunhas delas son federadas ou incluso de alta competición como as que levan a cabo o Troula F.S. ou o Clube Santo Domingo de Baloncesto. Entidades que deben cumprir unha serie de esixencias no referente ás instalacións.
Independentemente das obrigas esixidas polas distintas federacións a ditos clubes, as instalacións deportivas municipais requiren dun mantemento continúo por parte da administración competente, neste caso, de titularidade municipal. Nas últimas semanas, e seguramente tras as derradeiras condicións meteorolóxicas sufridas, afloraron de novo varias deficiencias nas instalacións deportivas; unha das máis graves e que afecta de forma considerable ás actividades son as goteiras existentes e que proveñen da cuberta, deficiencia esta, que xa en máis dunha ocasión obligou a paralizar temporalmente os partidos na pista ou incluso cancelalos.
Polo tanto, dada esta situación, proponse ao pleno da corporación a aprobación do seguinte ACORDO:
Primeiro.- Que dende a Concellería correspondente se leve a cabo a subsanación de todas as deficiencias existentes no Polideportivo Municipal, priorizando aquelas que sexan de maior urxencia.
Segundo.- Que a Alcaldesa ou concelleiro/a no/a que delegue leve a cabo os trámites necesarios para dar cumprimento a este acordo.