MOCIÓN PARA QUE O CONCELLO DE BETANZOS ELABORE UNHA ORDENANZA DE HONRAS E DISTINCIÓNS.
O Grupo Municipal do Partido Popular, ao amparo do disposto nos artigos 91.4 e 97 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, presenta ante o Pleno da Corporación Municipal esta MOCIÓN,con base aos motivos e consideracións desenrolados na seguinte: Exposición de motivos: Neste Concello somos conscientes de que, en certas ocasión e de maneira extraordinaria, tense que agradecer e reconocer servizos prestados a nosa cidade, ben sexa polos seus fillos ou por outras persoas que aínda non sendo no seu actuar é como si o forán, servizos ademáis que conleven actos de xenerosidade ou heroísmo e que deberán quedar perpetuados para que as futuras xeracións sexan coñecedoras a través de ditos recoñecementos da nosa historia. Ao longo do tempo este concello ten otorgado diferentes distincións como por exemplo, Nomeamentos de Fillo Predilecto ou Adoptivo, Medallas de diferentes categorías, Distintivos de Méritos, Declaración de nomeamentos de vías públicas, complexos ou edificios públicos, Placas conmemorativas, diversos Irmanamentos, ademáis de diferentes premios que recoñecen unha labor específica ou concreta. Por elo, dende o grupo popular cremos que todo este tipo de accións conmemorativas e distintivas deben estar reguladas a través dunha normativa propia municipal e en arranxo, obviamente, ás indicacións e cuestións expostas polos diferentes servizos técnicos de este concello, e dicir, crear unha ordenanza que regule as honras e distincións que sexan otorgadas por esta administración e corporación. Polo tanto, dada esta situación, proponse ao pleno da corporación a aprobación dos seguintes ACORDOS: Primeiro.- Que por parte da Concellería correspondente se inicien os trámites necesarios para levar a cabo a elaboración dunha Ordenanza Reguladora de Honras e Distincións. Segundo.- Que o Alcalde ou concelleiro no que delegue, leve a bo fin os citados acordos. Betanzos, a 24 de maio do 2.018 Grupo Municipal do Partido Popular de Betanzos