MOCIÓN PARA QUE O CONCELLO DE BETANZOS DESENVOLVA UN PLAN PLURIANUAL DE ACCESIBILIDADE.

O Grupo Municipal do Partido Popular, ao amparo do disposto nos artigos 91.4 e 97 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, presenta ante o Pleno da Corporación Municipal esta MOCIÓN, con base aos motivos e consideracións desenvoltos na seguinte:

Exposición de motivos:

 

O pasado 3 de decembro celebrouse o Día Internacional das Persoas con Discapacidade, data esta ademáis decidida pola Asamblea Xeral das Nacións Unidas na resolución 47/3 de 1992. Da mesma maneira e no seno das Nacións Unidas, apróbase no ano 2006 na Convención Internacional sobre os Dereitos das persoas con discapacidade, e que ten como obxetivo promover, protexer e asegurar o goce pleno e en condicións de igualdade de todos os dereitos humáns e liberdades fundamentais por todas as persoas con discapacidade, e promover o respeto da súa dignidade inherente. Así mesmo, en España fírmase en 1997.

 

No ámbito comunitario, a Estratexia Europea sobre a Discapacidade 2010-2020 plantexa como obxetivo garantizar a accesibilidade aos bens e servizos, en especial aqueles públicos máis os dispositivos de apoio para todas as persoas con diversidade funcional, centrándose na supresión de barreiras e establecendo como eixos básicos a participación, igualdade, empleo, formación e proteción social.

 

As persoas teñen dereito a que dende os poderes públicos, e especialmente dende os concellos, por ser ,como xa temos mencionado en tantas ocasións, a administración máis cercana, a levar a cabo actuacións que lles permitan máis autonomía persoal, alcanzar maiores cotas de accesibilidade e, polo tanto, desenvolver todas as súas capacidades en condicións de igualdade.

 

No derradeiro informe elaborado pola Organización Mundial da Saúde, desvélanse datos destinados á formulación de políticas e programas innovadores que melloren a vida das persoas e faciliten a aplicación da Convención de Nacións Unidas sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade, e que entrou en vigor no ano 2008 co fin de mellorar a vida deste colectivo. Un informe ademáis que ofrece aos gobernos e á sociedade civil unha análise exaustiva da importancia das capacidades diferentes e das respostas proporcionadas, basada obviamente nas mellores probas dispoñibles e recomendando a adopción de medidas de alcance nacional e internacional.

 

Por elo, é necesario apostar por un municipio accesible, inclusivo, con equidade, digno, en donde a cidadanía teña asegurado o seu benestar e o pleno exercicio da súa condición de veciña ou veciño. A discapacidade non reside na persoa, senón no entorno que é o que non lle permite en moitas ocasións desenvolver a súas capacidades.

 

 

Polo todo elo proponse ao pleno da corporación a aprobación dos seguintes ACORDOS:

 

Primeiro.-  A posta en marcha dun Plan Municipal de Accesibilidade de carácter plurianual, que contemple, entre outros aspectos, a adaptación paulatina, progresiva e de mellora no acceso de edificios, instalacións municipais e espazos públicos, así como a mellora da mobilidade peatonal con adecuacións de aceras, zonas de tránsito e rebaixe de beirarrúas a cota cero. Para facilitar ademáis esta mobilidade, procederase igualmente á adecuación progresiva de todas as paradas de bus para posibilitar a súa plena utilización polos vecinos e veciñas con mobilidade reducida.

 

Segundo.-  Adaptar de forma progresiva todas as áreas de xogo e parques infantís, instalando para elo xogos que posibiliten o seu uso a todolos nenos e nenas en igualdade de condicións.

 

Terceiro.- Levar a cabo sinalizacións de rutas alternativas accesibles.

 

Cuarto.-  Adecuar os edificios de titularidade municipal (culturales, de ocio, administrativos, patrimonio histórico…) e mediante os instrumentos necesarios para o acceso igualitario, visibilizando as linguas de textos (braile, signos.)

 

Quinto.- Que a Alcaldesa ou concelleiro no que delegue, leve a bo fin os citados acordos.

SuperWebTricks Loading...