MOCIÓN DO PP PARA INSTAR AO CONCELLO A HABILITAR AS NAVES DO MATADOIRO PARA USO DOS GRUPOS DANZAS XÓVENES DO POBO, BRINQUEIROS E BRIGANTINOS ASÍ COMO O TRASLADO DE PROTECCIÓN CIVIL A FEIRA DO GANDO.
O Grupo Municipal do Partido Popular, ao amparo do disposto nos artigos 91.4 e 97 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, presentou ante o Pleno da Corporación Municipal esta MOCIÓN, con base aos motivos e consideracións desenrolados na seguinte:
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:
Nas derradeiras semanas, veciños e veciñas integrantes dos grupos danzas xóvenes do pobo, os brinqueiros e os brigantinos da nosa cidade trasladáronnos a necesidade de contar cun espazo amplo para levar a cabo os ensaios que, en moitos casos, teñen que celebrar na rúa pola falta de espazo nos locais dos que dispoñen.
Tendo coñecemento do uso das citadas naves por parte dos efectivos de Protección Civil e sendo conscientes das necesidades deste importante servizo público de seguridade e protección de bens e veciños, entendemos que unha ubicación alternativa a actual da Ribeira, na feria do gando, a cal permitiría a concentración de todos os vehículos e melloraría a loxística interna do departamento. Proponse ao pleno da corporación a aprobación dos seguintes
ACORDOS:
Primeiro.- Instar ao concello de Betanzos a acondicionar as naves da feira para trasladar ao servizo de Protección Civil .
Segundo.- Instar ao concello de Betanzos a habilitar as naves anexas ao matadeiro para uso e disfrute dos mencionados grupos.
Terceiro.-.Que a Alcaldesa ou concelleiro/a en quen delegue leve a cabo os trámites necesarios para dar cumprimento a estos acordos.