ROGOS E PREGUNTAS FEBREIRO 2025
1- Debido ó estado de deterioro no que se está a sumir o edificio municipal do Matadoiro, rogamos ao grupo de goberno que aborde canto antes o seu mantemento para non ter que asumir unha reforma maior, xa que pensamos que un bó mantemento a tempo podería evitar moitos gastos de restauración nos que nos estamos a ver metidos nos últimos anos. ¿ Teñen previsto facelo? En caso de resposta afirmativa, ¿ Cando?
2- Na última semana seguimos a recibir queixas de veciños da praza do emigrante debido á mala impermeabilización de dita praza. Infórmannos de que xa se levantou varias veces e segue a entrar auga no aparcadoiro soterrado. Poderíannos informar do estado de dita obra?
3- Hai xa varios anos que a baranda de madeira situada na zona verde do río Mendo, detrás do hipermercado Eroski, aparece rota e precintada con unha cinta. ¿Pódennos informar de se van a proceder a arranxala ou sustituíla nalgún momento próximo?
4- O contrato de xestión do complexo deportivo do Carregal finaliza o vindeiro 30 de marzo, e non temos máis información ó respeto dende a última vez que preguntamos en pleno. ¿Que teñen pensado facer coa xestión do contrato do complexo deportivo do Carregal?
5- No rexistro administrativo de entradas e saídas figura, con nº de expediente 2025/G003/000103, e denominación MPJ 1/2025 pago a xustificar asistencia Fitur 2025. ¿Poderíanos informar a que se refire este pago, así como achegarnos copia ou xustificante do mesmo?
6- Que importe perdonou o Consorcio das Mariñas á empresa UTE ALBADA no proceso de negociación aberto con motivo da sentencia de 12 de xullo de 2024 do Xulgado do contencioso administrativo número 1 da Coruña?
7- Canto importe lle vai supoñer a cada veciño e veciña desde concello o desconto que fixeron á empresa UTE ALBADA con motivo do acordo transacional firmado entre o Consorcio e dita empresa?
8- Unha vez máis traemos a pleno a necesidade de mantemento na zona do antigo ambulatorio. Coñecedores de que van realizar a reforma integral do parque, teñen pensado facer os arranxos pertinentes na praza contigua ó edificio, así como mudar os remates das árbores da beirarrúa de perfil metálico e o bache que se produxo no rexistro de R que se atopa no medio da rúa?