MOCIÓN EN RELACIÓN AO 8 DE MARZO, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER.
O Grupo Municipal do Partido Popular, ao amparo do disposto nos artigos 91.4 e 97 do Reglamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, presenta ante o Pleno da Corporación Municipal esta MOCIÓN, con base nos motivos e consideracións desenrolados na seguinte:
Exposición de Motivos:
Un dos piares fundamentais na construción das políticas de igualdade é a necesidade de garantir o acceso, a permanencia e a promoción no emprego en iguais condicións de oportunidades, así como garantir a elección libre de proxecto de familia e a compatibilidade deste co desenvolvemento profesional.
A conciliación, tradicionalmente, foi entendida como un ámbito a resolver polas mulleres, tamén moitas e, aínda na actualidade, víronse na tesitura de escoller entre a súa vida profesional e a familiar.
Hoxe en día, a conciliación e a xestión de traballos e de tempos é un problema que debe ser resolto tanto polos homes coma polas mulleres e, debe ser facilitado e impulsado polas distintas administracións. A tal fin, a Xunta de Galicia ven de convocar, unha liña de axudas para as entidades locais de Galicia, cuxo obxectivo enmárcase no compromiso formal e prioritario da Unión Europea dende a entrada en vigor do Tratado de Ámsterdam, onde se recolle como un eixo fundamental e irrenunciable, a consideración da igualdade entre homes e mulleres como un obxectivo horizontal chamado a integrar a totalidade das políticas da Comunidade, o que significa a aplicación do principio de igualdade de trato nos diferentes ámbitos; isto é: a loita contra a discriminación por razón de sexo no acceso o emprego, a progresión na carreira profesional, a conciliación da vida laboral e a vida privada, e a promoción de igual remuneración por igual traballo, así como a loita contra todas as formas de discriminación e a promoción da igualdade de oportunidades.
Na Extratexia europea 2020, por un crecemento intelixente sustentable e integrador, tamén se destaca a necesidade de desenvolver políticas que promovan a igualdade entre sexos co fin de incrementar a participación da poboación laboral, contribuíndo así ao crecemento e á cohesión social.
Así pois, a liña de axudas da Xunta de Galicia ás Entidades Locais, ten por obxecto facilitar a implantación de programas e medidas de igualdade no ámbito local, como son os programas de fomento da conciliación, sempre que os seus obxectivos respondan ao fin de fomentar a corresponsabilidade entre mulleres e homes a través da conciliación dos seus tempos persoais, laborais e familiares; así como os Bancos de tempo, coa finalidade de facilitarlles ás persoas un sistema articulado de intercambio destinado a subministrar servizos e/ou coñecementos, entre mulleres e homes dun contorno dado, cuxa medida é a hora de tempo.
Falamos tamén, nun chanzo máis, de corresponsabilidade, entendendo esta como a participación alícuota dos distintos membros das unidades de convivencia nos traballos domésticos e de coidado.
Por outro lado, é de vital importancia traballar na sensibilización social en relación coas vantaxes dunha organización social corresponsable e das medidas para a harmonización da vida privada e laboral, así como na paternidade responsable, exemplificado no uso de medidas e permisos de conciliación por parte dos homes, que deben ser promovidos e fomentados. Pero pese a que se teñen dado pasos por parte de todos os axentes implicados que sen dúbida contribuen a avanzar neste eido, é necesario seguir profundizando e mellorando na planificación das políticas de igualdade.
Resulta imprescindible e necesario, que o asociacionismo feminino e a administración vaian da man no traballo en prol da igualdade, e para iso deben establecerse medidas que aseguren a súa pervivencia e sustentabilidade económica e xeracional, e que faciliten as súas importantes actividades, que reverten no só nas súas asociadas senón en toda a sociedade.
Neste senso, é necesario tamén destacar o papel de cohesión e sonoridade destas asociacións, que constrúen e articulan auténticas redes de colaboración que reforzan e dan continuidade ao traballo colectivo en prol da igualdade.
Entendendo pois, a impulsión do Pleno como Órgano decisorio e tendo en conta o exposto con anterioridade dende o Grupo do Partido Popular sometemos para a sua aprobación do Pleno da Corporación Municipal os seguintes ACORDOS:
1. Instar ao Concello de Betanzos a:
a) Profundizar na transformación dos valores que reproducen a desigualdade de xénero, a través de campañas e accións de sensibilización e información o conxunto da cidadanía sobre as ventaxas sociais da conciliación corresponsable.
b) Poñer en valor e dar visibilización a contribución feminina neste concello, a través da posta en marcha dun programa anual de recoñecemento ao labor, traballo e talento das mulleres que contribuiron o desenrolo cultural, económico e social do noso municipio.
c) Promover unha comunicación libre de mensaxes e imaxes que reproduzcan estereotipos de xénero e potenciar a transmisión de contidos que fomenten a corresponsabilidade, coa implicación dos diferentes axentes.
d) Consolidar un sistema de apoios á conciliación dirixidos á atención á infancia, ao coidado de persoas maiores, persoas con discapacidade e/ou situación de dependencia en colaboración ca Xunta de Galicia.
2. Instar á Xunta de Galicia a:
a) Mellorar as liñas de axuda para as Entidades Locais en colaboración ca Federación Galega de Municipios e Provincias, co obxectivo de mellorar os recursos a disposición da cidadanía en prol da Igualdade de Xénero.
b) Seguir na procura do fortalecemento do tecido asociativo feminino en xeral e, moi particularmente no ámbito rural, a través de liñas de axudas e programas.
c) Realizar campañas de divulgación e visibilización da contribución das mulleres galegas nos ámbitos da cultura, a ciencia, o deporte, así como noutras especialidades, como referentes necesarios para a sociedade en xeral e a mocidade en particular.
3. Facultar ao Alcalde ou concelleiro en que delegue a levar a bo fin estos acordos.