MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL POPULAR SOBRE DIVERSAS OBRAS NO NOSO CONCELLO

O Grupo Municipal Popular no concello de Betanzos de acordo co disposto no Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais desexa elevar ao Pleno a seguinte Proposta de MOCIÓN.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:

O goberno municipal nos últimos anos 5 anos anunciou en múltiples datas a inminente execución de diferentes obras e actuacións tan necesarias como urxentes.

Referímonos ao necesario elevador no aparcamento público da praza dos Irmáns García Naveira así como a mellora do abastecemento e saneamento nos soportais da Cañota.

Dende o Partido Popular compartimos e trasladamos, en diferentes ocasións, o malestar dos veciños polo incumprimento das actuacións prometidas.

Pasan os anos e ditas promesas continúan sen facerse realidade. Ante esta situación, proponse ao Pleno da Corporación de Betanzos a adopción dos seguintes ACORDOS:

1- Instar ao goberno municipal a explicar en que situación se atopan estas actuacións.

2- Instar ao goberno municipal a poñer enriba da mesa un cronograma das citadas obras.

3- Que a alcaldesa ou concelleiro/a no/a que delegue, leve a bo fin os citados acordos.

SuperWebTricks Loading...