MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL POPULAR PARA A ADOPCIÓN DE MEDIDAS EN MATERIA DE TELECOMUNICACIÓNS.

O Grupo Municipal Popular no concello de Betanzos. con arreglo ao disposto no Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais desexa elevar ao Pleno Municipal a seguinte Proposta de MOCIÓN:

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

O Estado é o organismo competente en materia de telecomunicacións e tamén quen conta actualmente cos fondos Europeos para o financiamento e posta en marcha de actuacións que incrementen a cobertura de redes de telecomunicacións no territorio español, e por conseguinte en Galicia, en cumprimento dos obxectivos establecidos por Europa.
Neste senso, o Goberno central aprobou no ano 2015 o Real Decreto 462/2015, polo que as Comunidades Autónomas pasaron a precisar a autorización do Estado para a posta en marcha de calquera actuación orientada ao impulso destas redes.
O Estado asumiu os obxectivos establecidos por Europa no eido da cobertura de redes ultrarrápidas para o que conta co Programa para a Extensión de Banda Ancha de Nova Xeración (PEBA-NGA) e ademais, acaba de aprobar o novo Plan para a Conectividade e as Infraestruturas Dixitais da Sociedade, a Economía e os Territorios e a Estratexia de Impulso ao Desenvolvemento da Tecnoloxía 5G cunha dotación orzamentaria de máis de 4.300 millóns de euros.

O feito de que sexa o Estado quen concentra o financiamento promovida por Europa para este tipo de actuacións fai que a participación das Administracións autonómicas na posta en marcha de iniciativas que fomenten a extensión da banda larga ultrarrápida estea moi limitado.
O Goberno central é o que establece a zonas de actuación (Zonas brancas NGA) ás que se poden destinar os fondos públicos previstos para o despregamento de novas redes de banda larga.

Estas zonas publícanse anualmente na web do Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital
Como xa se indicou, o Goberno central é o que establece a zonas de actuación (zonas brancas NGA) que se incluirán nas convocatorias de axudas para o despregamento de redes de banda larga ultrarrápida e, posteriormente, son os operadores de telecomunicacións interesados en despregar os que presentan as súas ofertas detallando as zonas que cubrirán en caso de resultar beneficiarios das axudas.
A este respecto, reclamouse ao Goberno central, a través de distintos canles, a modificación do actual Servizo Universal de Banda Ancha co obxecto de incluír non só o dereito da cidadanía a un teléfono fixo e Internet nos fogares, senón tamén a cobertura móbil de Internet e voz.
En vista da falta de actuación neste eido por parte do Estado, a Xunta púxose a traballar ao carón dos concellos, e deseñouse unha iniciativa en colaboración coa Fegamp para a mellora da cobertura móbil no rural.

Tralas correspondentes xestións coa Comisión Europea para analizar a posibilidade desta medida dende a administración autonómica, publicouse o pasado mes de xaneiro a convocatoria de axudas dirixida a operadores para o despregamento de redes que permitan dotar de cobertura móbil a aquelas zonas máis rurais con deficiencias.
Esta actuación da Xunta estase a coordinar conxuntamente coa FEGAMP, así coma cos concellos de Galicia interesados en dotar de cobertura ás poboacións que a día de hoxe carecen deste servizo.
Así, un total de 94 concellos de toda Galicia solicitaron adherirse ao convenio coa Amtega e a FEGAMP, dos cales, trala realización de medidas in situ para a verificación das deficiencias de cobertura e da correspondente consulta pública a operadores para coñecer as súas previsións de despregamentos, finalmente incluíronse un total de 65 concellos nos cales se constataron zonas sen cobertura de móbil nin previsións de despregamento por parte dos operadores.

O Estado asumiu, a través do Plan para a Conectividade e as Infraestruturas Dixitais da Sociedade, a Economía e os Territorios e a Estratexia de Impulso ao Desenvolvemento da Tecnoloxía 5G, os novos obxectivos 2025 establecidos por Europa, entre os que se atopa: acadar o 100% da poboación con cobertura de 100 Mbps, dotar de 1 Gbps aos principais motores socioeconómicos (hospitais, parques empresariais, centros tecnolóxicos, etc) e estender as novas redes 5G en vías de transporte e cidades.
A este respecto, tendo en conta o Plan anunciado polo Goberno de España cunha dotación de 4.300m€, dende a Xunta de Galicia trasladóuselle ao Goberno central a seguinte serie de accións que se consideran de especial relevancia para o cumprimento dos obxectivos 2025 na Comunidade galega:o Priorizar por parte do Estado a cobertura de redes de banda larga ultrarrápida nas entidades de poboación de menos de 500 habitantes, co obxectivo de dotar de cobertura aos territorios mais rurais como é o caso de Galicia.
o Asegurar a conectividade a redes de moi alta velocidade dos distintos motores socioeconómicos, para o cal, a Xunta de Galicia ponse a disposición do Estado para a identificación dos puntos existentes e futuros con estas necesidades de conexión.
o Dotar de cobertura 5G tamén ás vías de comunicación non principais, posto que serán o factor determinante para acadar a vertebración territorial no ámbito das novas redes móbiles e os seus innovadores servizos.
o Despregar redes de 100Mbps e 5G en zonas de especial protección, co obxectivo de que nos entornos urbanos non queden zonas de sombra tecnolóxica
o Incremento da velocidade do Servizo Universal de Banda Ancha e inclusión dos servizos en mobilidade.

Polo exposto, o Grupo Municipal Popular no concello de Betanzos, presenta a seguinte:

PROPOSTA DE ACORDOS

1. Demandar ao Goberno do Estado a inclusión como zonas de actuación NGA dos núcleos de Piadela, Requián, Infesta, Pontellas, Viñas así como diversas ubicacións do Casco Urbán e histórico.

2. Instar ao concello de Betanzos a exixir aos operadores a que despreguen os medios que doten da cobertura necesaria que se extenda ao 100 % da veciñanza para suplir a falta de adhesión do concello ao convenio Amtega- Fegamp.

3.O concello de Betanzos aprobará e implantará, a través dos correspondentes órganos competentes,e con respeto a legalidade vixente as seguintes medidas:

En Betanzos a 21 de abril de 2021

Asdo. Cecilia Vázquez Suárez
Portavoz do grupo municipal do Partido Popular

SRA ALCALDESA- PRESIDENTA DO EXCMO. CONCELLO DE BETANZOS

SuperWebTricks Loading...