MOCIÓN CON MOTIVO DA CONMEMORACIÓN DO 25 DE NOVEMBRO, DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DE VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES

O Grupo Municipal do Partido Popular, ao amparo do disposto no Regulamento de Organización Municipal, presenta ante o Pleno da Corporación Municipal esta MOCIÓN ,con base aos motivos e consideracións desenvoltos na seguinte:

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

Como cada 25 de novembro, conmemoramos o Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres. Dita data foi instaurada por primeira vez fai 30 anos pola Organización das Nacións Unidas.

Este tipo de violencia é unha das violencias contra os dereitos humanos máis estendida do mundo actual, producindo cada día situacións dramáticas. Por iso, é necesario que toda a sociedade se implique, para previr esta violencia, identificala e recoñecer os seus sinais.

Todos os días debemos lembrarnos de todas as mulleres que a sofren directa ou indirectamente. Cómpre lembrar dunha maneira especial a todas é cada unha delas, en especial as vítimas galegas falecidas este ano por este drama.

A violencia de xénero prodúcese cada día en todos os recunchos do planeta e ten graves consecuencias físicas, psicolóxicas, sociais e económicas sobre ás mulleres.

A loita contra a violencia de xénero debe ser integral e debe contar coa implicación do conxunto da sociedade, especialmente, cos poderes públicos e coas administracións, sexan internacionais, nacionais, autonómicas, provinciais e por suposto locais.

Desde as administracións debemos seguir avanzando na promoción de políticas públicas e no impulso de instrumentos legais dirixidos a eliminar as diferentes formas de discriminación por razóns de xénero.

Por todo o exposto, o Grupo Municipal do Partido Popular de Betanzos propón os seguintes acordos:

1.- Expresar o seu rexeitamento contra todo tipo de violencia contra as mulleres.

2.- Elaborar un estudio xurídico no ámbito das ordenanzas municipais para que teñan perspectiva de xénero.

3.- Promover campañas divulgativas contra a violencia de xénero, así como o establecemento de puntos seguros e de información sobre a violencia sexual en espazos públicos.

4.- Incrementar a vixilancia por parte da Policía Local en colaboración con outras Forzas e Corpos de Seguridade do Estado nos denominados puntos negros.

5.- Convocar as Mesas Locais de Coordinación interinstitucional contra a violencia de xénero, en colaboración ca Xunta de Galicia.

Instar á Xunta de Galicia a:

1.- Fomentar a Rede Galega de Entidades Locais contra a violencia de xénero.

2.- Seguir colaborando na formación do persoal municipal no ámbito da igualdade e da loita contra a violencia de xénero.

Instar ao Goberno de España a:

1.- Dar cumprimento efectivo do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, impulsando as modificacións lexislativas pendentes e adoptando as medidas recollidas neste pacto en materia de prevención, detección e atención integral.

SuperWebTricks Loading...