Diego Calvo avala a Cecilia Vázquez como a persoa idónea para endererezar o “rumbo á deriva que leva Betanzos”

O líder provincial destaca o traballo realizado pola nova presidenta local para “unir e fortalecer” ao Partido Popular

  • “Hoxe podemos dicir que estamos mellor preparados que nunca para afrontar o importante reto que temos nas eleccións municipais de maio”, apuntou
  • “Agora toca construír un bo equipo, manter o partido vivo, estar na rúa, escoitar aos veciños e, sobre todo, presentar unha alternativa crible, sólida e capaz de dar solución aos moitos problemas que existen en Betanzos” dixo o popular
  • “Nos últimos meses Betanzos non foi noticia polos investimentos conseguidos, nin polos proxectos presentados, foi noticia polos enfrontamentos da súa alcaldesa co seu propio grupo e con concelleira que abandonaron os seus equipos de goberno”, lembrou.

Betanzos, 29 de outubro do 2022.- O presidente do Partido Popular na provincia da Coruña, Diego Calvo, aproveitou a celebración do congreso local que a súa formación celebrou esta mañá no Concello de Betanzos para avalar a Cecilia Vázquez como candidata popular á alcaldía do municipio betanceiro nas eleccións municipais que se celebrarán o próximo mes de maio.

Acompañado da secretaria xeral do Partido Popular de Galicia, Paula Prado, e do seu homónino na provincia, Evaristo Ben, Calvo sinalou a recén elixida presidente local como la persona persona idonea para enderezar o “rumbo á deriva que leva Betanzos durante os últimos anos”.

Calvo aproveitou a súa intervención facer fincapé no traballo levado a cabo  por Vázquez durante os ultimos meses e que, dixo, serviu para unir a todas as sensibilidades que existen na familiar popular de Betanzos. “Hoxe podemos dicir que estamos mellor preparados que nunca para afrontar o importante reto que temos nas eleccións municipais de maio”, apuntou Calvo, quen destacou a “necesidade” de estar unidos e dispostos a traballar duro ao redor da figura de Cecilia Vázquez para conseguir o obxectivo de alcanzar a alcaldía.

Neste sentido, o popular, que aproveitou para feclicitar á nueva presidenta local, sinalou que a celebración do congreso local é só o primeiro paso do camiño e que “agora toca construír un bo equipo, manter o partido vivo, estar na rúa, escoitar aos veciños e, sobre todo, presentar unha alternativa crible, sólida e capaz de dar solución aos moitos problemas que existen en Betanzos”.

Unha situación insostible

Como non podía ser doutra maneira, Calvo quixo referirse tamén á “situacion insostible”que vive o Goberno Local de Betanzos onde, dixo, a alcaldesa, María Barral, foi incapaz de xestionar por culpa dos problemas internos que existen no seu partido.

“Nos últimos meses Betanzos, por desgraza para os seus veciños, non foi noticia polos investimentos conseguidos, nin polos proxectos presentados, foi noticia polos enfrontamentos da súa alcaldesa co seu propio grupo e con concelleira que abandonaron os seus equipos de goberno”, lembrou.

Toda esta situación dixo Calvo, lonxe de axudar a afrontar o delicado momento económico que viven os veciños de Betanzos por culpa, en moitos casos, da “nefasta política” posta en marcha por Pedro Sánchez, o unico que provocan son “máis problemas e máis preocupacións á xente” que, indicou, esperan que o seu Goberno Local sexa capaz de ofrecer alternativas para o seu día a día.

“É o noso momento. A xente está a esperar que lles ofrezamos un bo proxecto para cambiar e aí é onde debemos estar nós unidos, fortes e con ganas de traballar”, dixo o popular, quen subliñou que asegurou que o seu partido debe saír “a por todas” e en busca dunha maioría que “impida que todos os demais xúntense para impedir que gobernemos porque, se poden facelo, non dubidedes que o farán”.

 

SuperWebTricks Loading...