ROGOS E PREGUNTAS PRESENTADAS NO PLENO DE MARZO DO 2018.
1. O pasado 5 de Marzo Grupo Popular rexistrou por escrito onde se solicitaba a Alcaldía que trasladara información sobre a stuación actual na que se atopa o Complexo San Roque máis os pasos dados polo concello trala Comisión de investigación en pro de resolver esta situación na que se contemplan diversas irregularidades. Rogamos ao Goberno Municipal a que traslade dita información aos grupos de esta corporación e convoque de novo a mencionada Comisión.
2. Veciños e usuarios da Rúa Ramón Cabanillas trasladaronnos nos derradeiros días o seu malestar polo estado no que se atopan tanto o firme da rúa como as beirarrúas, provocando en certas ocasións os tropezos de peóns. Igualmente trasladan a súa preocupación polo estado de balado metálico que na actualidade cerra esta rúa. Rogamos ao executivo municipal a que realice as acción necesarias para revertir o estado actual nesta rúa.
3. No calexón ubicado entre o edificio administrativo de Facenda máis a Igrexa de Santiago (Rúa Lanzós), levan varias semanas fóra do seu lugar diverso mobiliaro urbano de titularidade municipal (Contenedores, bancos, …). Rogamos ao goberno local que reubique no seu sitio este mobiliario.
4. Nas derradeiras semanas chegounos información sobre a situación que se está a producir cunha gran parte do persoal laboral do concello con respecto aos seus postos de traballo á hora de incluílos na RPT. Rogamos ao executivo municipal a que reuna á maior brevidade posible os grupos que conformamos esta corporación para dar explicacións detalladas sobre a situación de este colectivo.
5. Nesta derradeira semana observamos como as empleadas do servizo de axuda no fogar continúan ca problemática existente e que fora motivo de elevar a este órgano plenario varias mocións con respecto ao citado asunto. Cabe recordar que esta situación dase xa dende finais do ano 2015 sen que ata o momento se vexa unha clara solución que pode afectar claramente a este servizo do cal e titular este concello. Rogamos ao executivo local a que convoque unha reunión cos grupos da corporación, representación do colectivo de traballadoras máis unha representación da empresa concesionaria de dito servizo para analizar as causas e dar unha solución inmediata a esta situación.