El Concelleiro de Cultura, Educación e O.Universitaria Román Rodríguez oficializa el inicio del proceso para declarar El Pasatiempo como BIC
Co fin de salvagardar este espazo para as vindeiras xeracións, hoxe publicamos no DOG a incoación do expediente para declarar BIC, coa categoría de xardín histórico, o Parque do Pasatempo de Betanzos. O Pasatempo é unha manifestación única para a súa época, un parque enciclopédico nacido da vontade dos irmáns García Naveira de achegar aos seus conveciños realidades exóticas, diferentes estilos de arte e de arquitectura e inventos que aínda eran lonxanos para a Galicia de principios do século XX. O seu eclecticismo, a reinterpretación da arte e o seu modelo de construír xardíns fan deste parque un espazo merecedor de acadar a declaración de ben de interese cultural.