SOLICITUDE DE CREACIÓN DUNHA MESA DE SEGUEMENTO DA SOLICITUDE DE DECLARACIÓN DO CASCO HISTÓRICO COMO ÁREA DE REXENERACIÓN URBANA DE INTERESE AUTONÓMICO

O Grupo Municipal do Partido Popular, ao amparo do disposto no Regulamento de Organización Municipal, presenta ante o Pleno da Corporación Municipal esta SOLICITUDE ,con base aos motivos e consideracións desenrolados na seguinte:

Exposición de motivos:

A Lei 1/2019, do 22 de abril, de rehabilitación e de rexeneración e renovacións urbanas de Galicia, nos artigo 46 e seguintes, crea e define unha nova figura chamada ÁREA DE REXENERACIÓN URBANA DE INTERESE AUTONÓMICO ( REXURBE).

Tal e como recolle a Lei de rehabilitación, correspóndelle ao concello solicitar a declaración dunha Área Rexurbe ante o IGVS cunha proposta que delimite o ámbito de actuación así como unha estratexia ou folla de ruta de dinamización social, económica e comercial da área sobre a que actuar que permita asentar poboación, tecido empresarial. comercio e hostalaría así como recuperar e poñer en valor o patrimonio histórico-artístico de Betanzos.

 

Sobre a creación da área Rexurbe presentamos no pleno anterior unha moción que resultou aprobada por toda a corporación municipal e polo tanto consideramos de vital importancia que neste eido haxa un consenso e tamén un traballo conxunto por parte da corporación así como do persoal técnico e movemento asociativo dinamizador do casco histórico da nosa cidade.

Non so é importante que todos os grupos políticos que conformamos a corporación vaiamos da man neste asunto senón que os veciños e veciñas podan ser protagonistas da posta en marcha da estratexia de desenvolvemento económico e comercial do casco histórico e que podan contribuir a convertilo en motor principal da nosa vila.

 

É por elo, que dende o Grupo Municipal do Partido Popular solicitase en base ao Regulamento Órganico Municipal os seguintes acordos:

 

1.- Que se proceda a poñer en marcha e de forma inmediata unha Mesa de Seguemento sobre a solicitude de creación de área Rexurbe.

 

2.- Que esta Mesa de Seguemento sexa conformada por representantes dos grupos que conformamos esta corporación, técnicos municipais con responsabilidade na materia, Asociación de Amigos do Casco Histórico, CheSCasco, Acebe, Cofradía de Semana Santa, Asociación Lar de Unta, Rotary Club, e todas aquelas entidades con actividades dinamizadoras do casco.

3.- Que a Alcaldesa ou concelleiro/a no/A que delegue leve a bo fin estos acordos.

 

 

 

SuperWebTricks Loading...