SOLICITUDE DE COMPARECENCIA DO DELEGADO DE PATRIMONIO

O Grupo Municipal do Partido Popular, ao amparo do disposto non Regulamento de Organización Municipal, presenta ao Pleno da Corporación Municipal esta SOLICITUDE,con base aos motivos e consideracións desenvoltos na seguinte:

 

Exposición de motivos:

 

Desde o anuncio por parte do Concello de Betanzos, en marzo de 2022, sobre a ampliación da demanda contra a entidade mercantil Complexo San Roque, o goberno municipal non informou máis ó pleno sobre o estado do proceso legal en curso.

 

Esta última denuncia interposta polo Concello débese á existencia dunha “cesión ou subarrendamento” inconsentido do local sen comunicación ao Concello”. Unha situación irregular, que podería interpretarse como unha falta de dilixencia sobre o estado das propiedades municipais por parte do equipo de goberno.

 

Segundo o concello de Betanzos, o Complexo San Roque, non abonara as rendas correspondentes aos anos 2018, 2019, 2020, e 2021 e o IVE do importe ingresado en concepto de renda de 2016 e 2017.

 

A parte destas irregularidades, tamén, sempre segundo as últimas informacións facilitadas polo goberno local de marzo de 2022, tampouco consta no Concello avais;liza de seguro de responsabilidade civil fronte a terceiros que se esixía no contrato.

 

Estas son algunhas das circunstancias sobre a legalidade do Complexo San Roque na súa relación co Concello e outras administracións, que deben ser coñecidas pola ciudadania. O Goberno local nun mínimo compromiso co principio de transparencia, debería motu proprioinformar con toda claridade sobre todas estas cuestións.

 

Trátase dun ben público propiedade do Concello de Betanzos e por tanto é o goberno local o que ten o deber de atender responsablemente ao dereito de información aos grupos políticos que formamos a corporación, como representantes do concello e dos veciños e veciñas

Dende ou Grupo Municipal do Partido Popular solicítase en base ao Regulamento Orgánico Municipal, a inclusión na orde do día da sesión plenaria ordinaria do día 28 de febreiro de 2023, do seguinte punto:

 

COMPARECENCIA DO DELEGADO DE PATRIMONIO DO CONCELLO DE BETANZOS PARA INFORMAR DE:

 

  • Estado actual do proceso xudicial contra os concesionarios do Complexo San Roque
  • Responsabilidades derivadas do estado actual da concesión.
  • Estado do pago do alugueiro ao concello de Betanzos
  • Gastos causados á Administración local polo proceso xudicial e  curso
  • Valoración dos prexuízos económicos sufridos polo concello polos anos de continuas irregularidades na concesión
  • Que outras accións ten pensado adoptar o goberno local, para na medida do posible, limitar os prexuízos á economía municipal polas continuas irregularidades na xestión desta ben propiedade do concello de Betanzos

 

SuperWebTricks Loading...