ROGOS E PREGUNTAS XUÑO 2021

 

  • No programa da Rede Cultural da Deputación da Coruña para os meses de xullo, agosto e setembro constan un total de 1.409 actividades en toda a provincia. ¿ Cal é o motivo polo que no noso municipio soamente contamos con dúas actividades dentro desta rede?

 

  • Nestes derradeiros días, poidemos observar como se están levando a cabo actuacións nunha zona de Piadela na que este grupo manifestou fai pouco tempo unha problemática de verquido e saneamento que fora trasladada pola veciñanza en varias ocasións. ¿ Que tipo de actuacións estánse a levar por parte de Viaqua nesa zona e a que son debidas ?

 

  • No mandato pasado, na intersección entre a Rúa Dr. Fleming e o Barrio dos Xudeus levouse a cabo unha actuación consistente nun pequeno parque que poñía en valor a zona e que serviría o seu deseño como homenaxe á etapa do lúpulo no noso municipio. Unha obra, proxectada polo Estudio Vázquez Calatayud e na que se alzaban entre outras infraestructuras unha serie de postes artísticos e decorativos en recordo do Lúpulo. Cabe recordar que esta actuación levou un coste de máis de 50.000€, a maiores dun modificado que houbo que realizar debido a un tendido eléctrico que influía na devandita obra e que o concello no seu momento non previu. Na actualidade, somos conscientes de que eses “paos” artísticos e decorativos en homenaxe á época do Lúpulo no noso municipio e comarca están depositados,e nun estado de deterioro avanzado, na parcela municipal sita nas inmediacións das instalacións da antigua Escola Taller e que se usa habitualmente como vertedoiro como xa temos manifestado en máis dunha ocasión . ¿ Cal é a razón pola que se tiraron estos postes ornamentais e que formaban parte da obra proxectada por Vázquez Calatayud? ¿ Non se fixo o mantemento adecuado? ¿ Vanse reemplazar?

 

 

  • Na derradeira semana este grupo recibiu por parte de varios vecinos o seu malestar e preocupación pola situación de recollida de lixo e o estado habitual de saturación no que se atopan os contenedores en zonas como o Farragoto, Pontillón, Braxe, etc.. Rogamos unha vez máis ao concello que faga unha revisión desta situación que se está a dar con frecuencia en diferentes zonas do rural.

 

  • Veciños e veciñas da Ribeira, veñen de mostrarnos o seu malestar polas obras que se están a executar na zona. Retrasos nos tempos de obra, problemas coa accesibilidade, dificultades no acceso aos garaxes e disconformidade en xeral pola situación deste proxecto. ¿ Cales son os motivos que provocan os retrasos nestas obras? ¿ Por qué non se fixo unha correcta previsión das etapas desta obra? ¿ Cales son as bases polas cales o goberno entende unha “satisfacción” completa da veciñanza respecto a esta actuación ? Rogamos ao executivo municipal axilice na medida do posible os tempos nesta actuación e resolver o antes posible o malestar instaurados na veciñanza da zona afectada.
SuperWebTricks Loading...