ROGOS E PREGUNTAS SESIÓN PLENARIA ORDINARIA ABRIL 2.018

 1. Onte foi 23 de abril, data na que se celebra o “día do libro”, data esta na que ademáis de facerse diversas actividades culturais entorno á lectura e o amplo mundo do libro, tamén se levan a cabo diferentes actividades naqueles espazos onde reside unha gran esencia do libro, espazos que non son outros que as bibliotecas municipais. E falando xa de este tipo de instalacións e despois de reiterar en numerosas ocasións dende esta formación a posta en marcha de este tipo de espazos, volvemos a insistir nunha serie de cuestións: ¿ Cales son as intencións por parte do executivo local respecto á apertura e posta en marcha da Biblioteca Infantil ubicada e lista nas antigas Escolas García Naveira?. Despois de máis de sete anos, ¿ Cabe a posibilidade de que poidamos ver antes de finalizar este mandato éstas instalacións en marcha e dando un servizo ás franxas de idade infantiles na nosa cidade ?

 

2. Na sesión celebrada o mes pasado, rogábamos ao goberno municipal a que reunira á maior brevidade aos grupos que conformamos esta corporación para dar conta e informar detalladamente da situación que se está a dar nunha importante e numerosa parte do persoal laboral temporal. Dende o grupo popular consideramos que se trata dunha grave situación na que se atopan un gran número de traballadores de este concello e que debe de ser unha obligación por parte de Alcaldía e Concellería de Persoal ter xa informado de esta situación ao resto da corporación. Dende logo non cabe dúbida de nos atopamos, nesta cuestión, ante unha total falta de transparencia por parte do goberno socialista. Por elo, reiteramos a petición solicitada na anterior sesión que non e outra que reunir á maior brevidade aos grupos que conformamos a oposición para dar conta detalladamente da actual situación, e aproveitando dito encontro para que estén presentes da mesma maneira representantes do Comité de Empresa do Concello e responsables da actual empresa que está a elaborar a RPT. Igualmente rogamos que se nos entregue a cada un dos grupos, no caso de que existan, informes de Intervención, Secretaría, Xurídico máis a empresa concesionaria para tal efecto, sobre o contexto actual na que se ven afectados unha numerosa parte de empleados laboráis.

 

3. No ano 2.019, a cidade de Betanzos cumple 800 anos da sua fundación. É certo que dende hai un par de meses vense celebrando unha serie de comisións para a organización e planificación dos eventos de cara a esta celebración. ¿ Cales son as estimacións ou previsións con respecto ás partidas económicas necesarias por parte de goberno local para a celebración deste oitavo centenario? ¿ Cales están sendo as previsións económicas por parte de outras administracións ?¿ Qué número de eventos ou actos teñen xa cerrados ou programados tanto para este ano como para inicio do 2.019?

 

4. Nas derradeiras semanas, residentes e veciños da Praza Paio Formoso veñen de trasladarnos o seu malestar polo estado na que se atopa dita praza no referente ao seu firme ou pavimento. Rogamos ao executivo que na medida do posible subsane estas deficencias.

 

5. A día de hoxe, no inicio da Porta da Vila continúan en “procesión” un gran numero de contenedores destinados á recollida de residuos. Obviamente, e a pesares de que se están levando a cabo actuacións nos firmes de viales colindantes, esta ubicación dos contenedores non é a máis axeitada, no só polo impacto visual, senón pola imaxe de estos colectores nun dos accesos principais ao Casco histórico e vial emblemático da nosa cidade. Rogamos ao executivo a que corrixa esta situación e busque unha máis axeitada ubicación.

SuperWebTricks Loading...