Rogos e preguntas pleno outubro.
1. Nestas derradeiras semanas numerosos veciños da contorna das Rúas Rosalía de Castro, Pintor Seijo Rubio e Alexandre Bóveda volveronnos a manifestar os seu malestar polas problemáticas que se están a dar derivadas do ocio nocturno nesta zona. Exceso de suciedade durante a fin de semana, altercados na madrugada, cristais rotos en zonas de acceso a vivendas máis en zonas de xogos infantís, etc… Por elo, rogamos ao executivo municipal a que leve a cabo as accións correspondentes para minimizar estos escenarios que se están a dar e que están a xerar un gran malestar nos veciños residentes nas zonas anteriormente descritas.
2.- Veciños e usuarios trasladannos que o Museo das Mariñas permanece pechado dende antes da pandemia ¿ Cal é motivo polo cal estas instalaciones están pechadas?.
3.- Dende hai varias semanas, pais e nais dos nenos e nenas que xogan no Parque Infantil ubicado entre as rúas Rosalía de Castro e Pintor Seijo Rubio, veñen manifestando as súas inquedanzas polo estado da cuberta existente neste parque, xa que está a desprender tellas soltas ao chan co correspondente perigro que conlenva . Rogamos ao goberno municipal a que á maior brevidade leve a cabo as accións necesarias para subsanar esta situación.
4.- Como ben saberán dende o goberno municipal, xa que saliu en varios medios de comunicación recentemente, os actuales xestores do Hotel concesionado a Complexo San Roque, veñen de anunciar e promocionar as plazas existentes dentro do parking subterráneo. Como ben saben éstas instalacións carecen dunha serie de medidas e accións necesarias para que poida operar como tal, a maiores de que entedemos, unha vez máis, que quen está a promocionar estas plazas non é concesionario nin subarrendado destas instalacións, cuestión esta que xa reiteramos en diversas ocasións de carácter moi grave. ¿ Manexa o executivo local algunha nova información ou documentación ao respecto destas instalacións que o resto de grupos non coñezamos? ¿ En que situación se atopan as derradeiras accións tomadas por esta administración respecto a esta concesión? ¿ Vai o goberno local a tomar algunha acción determinante sobre esta situación que se está a dar, ou ten pensado deixar continuar todas as irregularidades que se están a dar dende hai xa 20 anos?
5.- A mediados de este mes de outubro como ben son coñecedores, o autor betanceiro, periodista e escritor Xesús Fraga era galardonado co Premio Nacional de Narrativa 2021 pola súa obra Virtudes ( e Misterios) publicada en galego. Un recoñecemento que o inclúe nunha lista e á altura de grandes autores que xa tamén foron galardonados con este título como Wenceslao Fernández, Camilo José Cela, Fernando Aramburu, Torrente Ballester entre otros grandes xenios da literatura. E por elo, que rogamos nesta ocasión ao executivo local e concello de Betanzos a que inicie as accións necesarias para levar a cabo unha recepción e recoñecemento de forma oficial a este galardonado betanceiro que é Xesús Fraga.