O PP propón elaborar un Plan Municipal de Infancia e Adolescencia

O Grupo Municipal do Partido Popular, ao amparo do disposto nos artigos 91.4 e 97 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, presenta ante o Pleno da Corporación Municipal esta MOCIÓN, con base aos motivos e consideracións desenvoltos na seguinte:

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

Un dos obxectivos irrenunciables dos poderes públicos constitúe proporcionar á nosa infancia e á nosa xuventude un entorno seguro no que se desenvolvan de forma armoniosa e íntegra cara a consecución do seu propio proxecto vital como persoas libres, adultas e máis responsables.

Dende o Grupo Municipal Popular queremos situar aos menores máis á adolescencia no centro de actuación deste Concello, trátase pois dun obxectivo común e compartido non só coas diferentes administracións, senón tamén cos axentes sociais, as entidades do terceiro sector e coa sociedade civil en xeral.

Ata a aprobación da lei 26/2015, do 28 de xullo, de modificación dos sistema de protección á infancia e á adolescencia, a lei orgánica 1/1996, do 15 de xaneiro, de protección xurídica do menor, da modificación parcial do Código Civil e da Lei de Enxuizamento Civil, serviron de marco regulador dos dereitos dos menores de idade, garantíndolles una protección uniforme en todo o territorio estatal.

Non cabe dúbida de que todos debemos sumarnos a un traballo en común, diálogo, colaboración, máis entendemento e desta forma contribuir á xeración das condicións axeitadas para o desenvolvemento en plenitude dos dereitos, necesidades e deberes dos menores.

Os responsables políticos debemos ter como obxectivo prover á nosa infancia e aos nosos adolescentes dun entorno seguro no que se desenvolvan de forma íntegra cara a consecución do seu propio proxecto vital como persoas libres, adultas e responsables. Para isto, é imprescindible estructurar una folla de ruta que recolla aspectos do ámbito familiar, educativo, sanitario, ocio e tempo libre, participación e información. Sin esquecer aqueles colectivos aos que hai que otorgar unha especial protección e coidado. Desta maneira, deberase elaborar unha diagnose da situación da infancia e a adolescencia que nos permita reflectir actuacións concretas encamiñadas ao garante dos obxectivos desexados.

Para a elaboración deste Plan de Infancia propoñemos a creación dun grupo de traballo, donde se deberán analizar aspectos como:

  • Indicadores socio económicos da poboación infantil e adolescente no noso municipio; risco de pobreza máis carencias materiais.
  • Indicadores de saúde, estilos e calidade de vida.
  • Situación dos menores no ámbito educativo.
  • Menores en situación de vulnerabilidade, menores vítimas de violencia ou malos tratos.
  • Estado da representación e participación activa e directa da infancia e xuventude na vida social do municipio,etc…

Por outra parte, cabe recordar que para a elaboración deste plan é necesaria e vital unha adaptación a todas aquelas recomendacións redactadas nos derradeiros Informes da CDN (Convención dos Dereitos dos Nenos), por iso, a necesidade que no grupo de traballo que se forme sexa relevante a participación de representantes educativos, sociais, máis de aqueles colectivos implicados neste ámbito, ademais de poder contar con expertos na materia tal e como se fai noutros concellos da nosa Comunidade.

 

Por todo e tendo en conta o exposto anteriormente, o Partido Popular somete para a aprobación do Pleno da Corporación Municipal os seguintes ACORDOS.

  1. Que dende a concellería correspondente se leven a cabo as xestións necesarias para poñer en marcha no próximo mes de setembro dun grupo de traballo formado por todolos axentes sociais mencionados na anterior exposición e coa participación e representación dos grupos que conformamos esta corporación.
  2. Que o devandito grupo de traballo comece a traballar no futuro Plan Integral Municipal de Infancia e Adolescencia seguindo as pautas reflectidas nos derradeiros informes da CDN.
  3. Dar todos os pasos para alcanzar o recoñecemento de Cidade Amiga da Infancia.
  4. Facultar á alcaldesa ou edil no que delegue para levar a bo fin os acordos tomados.
SuperWebTricks Loading...