O Grupo Municipal do Partido Popular de Betanzos solicita a convocatoria da mesa/comisión de seguimento do Servizo de Axuda no Fogar
O Grupo Municipal do Partido Popular, ao amparo do disposto no Regulamento de Organización Municipal, presenta ante o Pleno da Corporación Municipal esta SOLICITUDE, con base aos motivos e consideracións desenrolados na seguinte:
Exposición de motivos:
No pasado mes de setembro, e tras os problemas que viñan de sucederse no Servizo de Axuda no Fogar, en adiante SAF, no referinte ás atencións domiciliarias prestadas pola anterior concesionaria “Tu Mayor Amigo” e que desembocaron en faltas de diversa tipoloxía, e tras a saída da devandita empresa que
prestaba o servizo SAF, dende o Grupo Popular elevárase á sesión plenaria de Setembro do 2019 unha moción para a creación dunha Mesa/Comisión de Seguimento do Servizo co obxeto de poder vixiar e fiscalizar dende dito órgano o comportamento e funcionamento deste delicado servizo. Cabe recordar, e como ben coñece esta corporación, que esta proposta saíra aprobada cun consenso e obxetivo por parte de todos os grupos e que non era outro máis que o de facer un estricto e riguroso seguemento do devandito servizo tras as situacións e malas experiencias sofridas recentemente.
Tras esta aprobación, o goberno municipal convocounos aos poucos dias para unha primeira reunión onde se nos informou dos datos e seguemento do servizo que se estaba a prestar naquel momento por unha empresa “ponte” e ate rematar o proceso de nova adxudicación do SAF.
Da mesma maneira e na naquela mesma reunión se nos informaba por parte da actual Rexidora e Delegada de Servizos Sociais que dada a pouca marxe de tempo de prestación por parte da empresa “ponte” e os poucos datos que ainda se tiñan, convocariase de novo a Mesa para o mes de Novembro e así poder analizar con máis detalle o SAF.
Ás portas de cumprir un ano daquela primeira toma de contacto, nada máis se volveu a saber de esta mesa de seguimento a pesares de ser anunciada por parte da Alcaldesa para Novembro do 2019 e de ser recordado en varias sesión plenarias por parte de este Grupo.
É por elo, que dende o Grupo Municipal do Partido Popular solicítase en base ao Regulamento Órganico Municipal os seguintes acordos:
- Que á maior brevidade se proceda á convocatoria desta Mesa/Comisión para levar a cabo o correspondente seguimento do SAF.
- Que a Alcaldesa ou concelleiro/a no que delegue leve a bo fin estos acordos.
Betanzos, a 22 de Xullo do 2.020
Grupo Municipal do Partido Popular de Betanzos