Moción para que o Concello corrixa as deficiencias existentes nos contenedores do municipio e leve a cabo a instalación de novos puntos no casco histórico

O Grupo Municipal do Partido Popular, ao amparo do disposto nos artigos 91.4 e 97 do Reglamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, presenta ante o Pleno da Corporación Municipal esta MOCIÓN, con base nos motivos e consideracións desenrolados na seguinte:

 

Exposición de Motivos:

 

O medio ambiente urbán e a xestión dos residuos sólidos urbáns son competencias municipais. Con Independencia de cal sea a fórmula escollida polo Concello para o servizo de recollida de residuos reciclables, a súa responsabilidade é velar pola calidade e servizo do mesmo e garantizar a non acumulación de residuos durante varios días. Sen embargo,  nos derradeiros tempos estamos a observar que numerosas áreas de contenedores non soamentes ofrecen unha mala imaxe dende o punto de vista da limpeza, senón que tamén dende o punto de vista de deixación e incluso de carencia de puntos de recollida  en certas zonas e que fan aos veciños desplazarse ata outros lugares para depositar outros tipo de residuos como pode ser o papel/cartón ou os vidrios.

Precisamente, e en referencia ás carencias manifestadas anteriormente, os veciños, comerciantes ou hosteleiros de varias zonas do entramado do Casco Histórico veñen unha vez máis de queixarse ou mostrar o seu malestar por ter que desplazarse ata outros puntos da cidade para poder depositar residuos como o vidrio, o papel ou o cartón, cuestión esta que xa foi trasladada dende o grupo popular en máis ocasións.

 

Da mesma maneira  nas derradeiras semanas distintos colectivos veciñais volveron a trasladar as súas queixas xa non soamentes polo estado dalgúns dos colectores de recollida de residuos, senón que tamén, o “nauseabundo” olor que desprenden algúns de estes colectores en zonas como Rosalía De Castro, Rua Ferradores, Fonte de Unta, Avda. García Naveira ou Pintor Seijo Rubio, ou diversos espazos e rúas do Casco Histórico, especialmente o calexón existente entre o Edificio de Facenda máis a Igrexa De Santiago.

 

Entendemos que a responsabilidade que se lle pide á cidadanía de separar en orixe no seu domicilio ou traballo, debe de ir obviamente acompañada da tamén responsabilidade da Administración local de asegurar a disponibilidade de contenedorese por suposto o óptimo estado das áreas para depositar esos residuos de forma correcta.

 

Non sería necesario recordarlles, que os veciños e empresarios de Betanzos pagan as súas correspondentes tasas polo servizo de recollida de basura, e é por elo que se lles debe ofrecer o mesmo servizo e por igual a toda a cidadanía. Na mesma maneira que non sería necesario recordar que precisamente na ordenanza municipal de limpeza manifestase a pretensión de facer do municipio de Betanzos un lugar máis hixiénico, máis limpo e habitable, de maneira que a veciñanza poida colaborar e ser partícipe da mellora hixiénica, para elo, e necesario como se mencionaba con anterioridade da necesidade de que o Concello poña á disposición dos veciños o mobiliario urbáncorrespondente, neste caso os puntos de recollida de residuos.

 

Por todo , e tendo en conta o exposto con anterioridade dende o Grupo do Partido Popular sometemos para a sus aprobación do Pleno da Corporación Municipal os seguintes ACORDOS:

 

  1. Que o goberno local leve a cabo as accións oportunas para acondicionar non soamentes todas aquelas áreas de contenedores que se encontren nunha situación deteriorada o pouco hixiénica, senón que ademáis se leve a cabo unha revisión de aqueles contenedores que se encontran con deficiencias e reemplazalos.

 

  1. Que na zona do Casco Histórico, se leve a cabo onde sexa necesario a instalación de puntos de recollida de Papel/Cartón e vidrio  para dar así este servizo a veciñanza e que ven demandando dende fai tempo.

 

 

  1. Que a Alcaldesa ou Concelleiro/a na que delegue leve a bo fin estos acordos.

 

 

SuperWebTricks Loading...