MOCIÓN PARA INSTAR AO CONCELLO A QUE LEVE A CABO AS ACCIÓNS NECESARIAS PARA SUBSANAR E VIXIAR O ABANDONO DE FINCAS
O Grupo Municipal Popular no Concello de Betanzos con arreglo ao disposto no Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais desexa elevar ao Pleno Municipal a seguinte Proposta de MOCIÓN:
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:
Nos últimos anos non hai día no que moitos vecinos veñen de reiterarnos a súa preocupación, “alarma” e malestar polo estado no que se atopan numerosas parcelas ubicadas ao longo do noso termo municipal.
Na pasada lexislatura, presentamos varias propostas nesta liña. Falábamos naquel momento do estado de abandono de numerosas fincas/parcelas en diferentes barrios e parroquias como a Condesa, Roibeira, A Graña, Piadela, As Carañas, Infesta, Angustia, Castro ou mesmo no propio entramado urbano. Polo tanto son coñecedores desta situación e saben que non soamente provoca situacións de insalubridade ou mala imaxe, senón que ademais supoñen un claro risco de cara á tempada de altas temperaturas que estamos a pasar e consecuentemente unha maior alta probabilidade de incendios, como os que ocorreron no pasado mes de xullo e nos que, afortunadamente, non se sufriron danos na veciñanaza. Engadido a esta situación os posibles focos de infecións que en moitos casos, lindan con núcleos de vivendas, que están a xerar, como mencionamos con anterioridade, un gran malestar nos vecinos.
Como ben saben, dende a administración local entre as súas competencias está a de vixiar, controlar e facer cumprir a lei e normativa medioambiental de mantemento das fincas ou parcelas que se atopen sen limpar, incluíndo obviamente e como xa manifestamos en máis dunha ocasión, as propias de titularidade municipal como exemplo e coherencia co que se debe esixir.
É por iso, que dende o Grupo Municipal do Partido Popular solicítase en base ao Regulamento Orgánico Municipal os seguintes acordos:
1.-Que dende a concellería correspondente lévense a cabo as accións necesarias para detectar tódalas parcelas ou fincas que se atopen nun avanzado estado de abandono.
2.-Que unha vez detectadas as devanditas propiedades neste estado iníciense as accións necesarias e dentro da lei e normativa medioambiental para que esta situación sexa subsanada.
3.-Que os acordos 1 e 2 se executen coa maior celeridade posible.
4.-Que a Alcaldesa ou concelleiro/a no/a que delegue leve a bo fin estos acordos.