MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL POPULAR SOBRE A SITUACIÓN DO CASCO HISTÓRICO

O Grupo Municipal Popular no concello de Betanzos de acordo co disposto no Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais desexa elevar ao Pleno a seguinte Proposta de MOCIÓN.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:

Nos últimos anos non foron poucos os veciños e veciñas que se dirixiron a este grupo municipal para trasladar por unha banda, a situación de abandono de moitas edificacións e vivendas, principalmente no casco histórico, así como as situacións de insalubridade e inseguridade motivadas polo citado abandono.

Dende o Partido Popular compartimos e trasladamos, en múltiples ocasións, o malestar da nosa veciñanza derivado da realidade descrita con anterioridade.

Hai un par de semanas o citado declive provocou o segundo colapso dunha propiedade sita na céntrica rúa Santiago. Según fontes municipais sobre a citada vivenda había unha orde de execución dende hai dous anos, sen que se executara.

Por sorte para todos non tivemos que lamentar danos persoais pero si lamentamos danos materiais, un deterioro do noso patrimonio e unha lamentable imaxe do noso centro histórico e en definitiva da nosa cidade.

Ante esta situación, proponse ao Pleno da Corporación de Betanzos a adopción dos seguintes ACORDOS:

1- Instar ao goberno municipal a garantizar de oficio a seguridade de veciños, visitantes e turistas.

2- Instar ao goberno municipal a utilizar todos os instrumentos legais da súa competencia para poñer fin a esta situación de deterioro do casco histórico.

3- Que a alcaldesa ou concelleiro/a no/a que delegue, leve a bo fin os citados acordos.

SuperWebTricks Loading...