O camiño da Sarra presenta un estado de deterioro que dificulta o tránsito e pode ocasionar problemas de seguridade. O mal estado deste camiño leva xerado numerosas queixas polos veciños e consideramos que o asfaltado desta vía contribuiría a mellorar a calidade de vida dos veciños e a facilitar o acceso á zona. Poden informarnos se teñen pensado poner fin a esta situación?
Nas derradeiras semanas este grupo recibiu, por parte de varios veciños, a necesidade de contar cunha varanda de seguridade nas escaleiras situadas diante da fonte da igrexa de Santa María Teñen pensado proceder á súa instalación? Se a resposta é afirmativa, ¿cando?
Nos últimos tempos varias familias puxeron en coñecemento do grupo popular, o seu malestar pola reducción das axudas de material escolar únicamente á compra de ordenadores e provocando, nalgúns casos, a acumulación de varios ordenadores por familia para a súa venta posterior Son coñecedores desta situación? Teñen algún plan para atallar este problema?
As dezaseis persoas asistentes á actividade deportiva de bádminton coméntannos o seu malestar pola eliminación desta opción deportiva que dende hai mais de 40 anos víñase celebrando no pavillón municipal. Rogamos ao executivo municipal que reorganice as actividades deportivas para incluir esta disciplina dentro da oferta deportiva do noso Concello.
Veciñxs de Tiobre trasladan a súa preocupación polo mal estado de conservación da pista que baixa pola parte traseira do local social da parroquia ata a N-651 así como a necesidade de instalar un punto de luz xa que non existe ningún en todo o trazado do camiño Contemplan reparar a pista e/ou instalar o punto de luz?
O pasado 30 de abril o grupo municipal do Partido Popular presentaba una proposta para dar cumprimento á ordenanza de tenencia de animais de compañía, na que, entre outros asuntos, contemplábase a realización dunha campaña de sensibilización para concienciar á poboación sobre a importancia de recoller as defecacións dos animais. O goberno municipal respostou que xa tiñan previsto realizala nos próximos días e xa pasaron 5 meses. Ten pensado realizala? En caso afirmativo, cando?
O pasado sábado 14 de setembro celebrouse no interior do parque do Pasatempo una actividade de adestramento de cans, moi cuestionado e criticado por varios veciños por diferentes motivos. En primeiro lugar pola existencia de sinais que prohíben expresamente o acceso de animais ao recinto interior do parque e en segundo lugar, pola existencia de numerosas defecacións nas inmediacións do parque infantil. Por todo o exposto queremos preguntar, son coñecedores desta situación?, que medidas teñen pensado levar a cabo para dar cumprimento ás normas actuáis de entrada ao parque?
Veciños e veciñas das diferentes parroquias do noso concello pídennos que solicitemos a seguinte información, cal é a periodicidade da limpeza de camiños rurais así como a dos locais sociais?