MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL POPULAR PARA REGULAR AS VUT

O Grupo Municipal Popular no concello de Betanzos. con arreglo ao disposto no Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais desexa elevar ao Pleno Municipal a seguinte Proposta de MOCIÓN,

 

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

 

Ante o crecente número de vivendas de uso turístico en Betanzos e o seu impacto no mercado inmobiliario, a comunidade e a calidade de vida dos veciños, faise necesario regular esta actividade. A normativa actual de Galicia e España establecen directrices que deben ser consideradas para garantir un equilibrio entre o turismo e a vida local.

Obxectivos da Regulación:

  1. Protección do Patrimonio: Salvagardar o patrimonio cultural e arquitectónico de Betanzos, evitando a saturación de certas áreas.
  2. Equilibrio Veciñal: Asegurar a convivencia entre turistas e residentes, establecendo límites na cantidade e localización destas vivendas.
  3. Condicións de Seguridade: Garantir que as vivendas de uso turístico cumpran coas normativas de seguridade e salubridade.
  4. Fomento do Turismo Sostible: Promover un modelo turístico que beneficie á comunidade local, priorizando a calidade sobre a cantidade.

A regulación das vivendas de uso turístico é esencial para garantir un desenvolvemento harmónico de Betanzos, favorecendo tanto ao sector turístico como á comunidade local.

 

Polo exposto, o Grupo Municipal Popular no concello de Betanzos, presenta a seguinte;

 

PROPOSTA DE ACORDOS

  1. Iniciar o proceso de regulación das vivendas de uso turístico no municipio, en consonancia coa lexislación vixente.
  2. Elaborar un rexistro municipal destas vivendas para un mellor control e seguimento.
  3. Establecer un marco normativo que contemple aspectos como a obtención de licenzas, requisitos de calidade e condicións de operación.
  4. Que a Alcaldesa ou persoa na que delegue leve a bo fin estos acordos.
SuperWebTricks Loading...