Moción do Grupo Municipal Popular para a adopción de medidas sociais e económicas en relación á crise do Covid-19

O Grupo Municipal Popular no concello de Betanzos. con arreglo ao disposto no Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais desexa elevar ao Pleno Municipal a seguinte Proposta de MOCIÓN:

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

A declaración do estado de alarma e a situación de emerxencia sanitaria estableceron a suspensión ou limitación dun número importante de actividades sociais e económicas, así como restricións na mobilidade das persoas (a través do Real Decreto 463/2020) ante o risco para a saúde pública que supón a propagación deste virus.

Todas as administracións debemos traballar coa máxima lealdade e coordinación para implementar, dentro do noso respectivo marco competencial, medidas que garantan a seguridade e a saúde dos cidadáns, así como tamén aquelas que contribúan a minimizar o impacto económico e social derivado desta crise sanitaria.

E, en primeiro lugar, nós debemos velar porque o noso concello, en función das nosas disponibilidades orzamentarias e persoais, e dado o seu carácter de administración máis próxima ao cidadán, preste a millor atención posible aos colectivos máis vulnerables, así como aos sectores máis castigados por esta pandemia co obxectivo de que a recuperación económica e social se produza á maior brevidade posible.

Os salóns de peiteado representan un importante sector económico do tecido empresarial do noso país. Durante os últimos anos estes profesionais veñen atravesando unha notable crise, que se veu agravada coa chegada da pandemia da Covid-19.

A restricións derivadas da situación sanitaria e a práctica desaparición de celebracións e eventos festivos, están abocando á desaparición a centos de profesionais e empresas do sector.

Só en Galicia, o impacto da crise sanitaria provocou o peche de máis 300 negocios de peiteado e unha caída na súa facturación que supera o 30%. Estes negocios, na súa maioría pequenas e medianas empresas, supoñen un número considerable de postos de traballo.

Ademáis somos coñecedores das dificultades que están a atravesar os hosteleiros locais así como o tecido comercial da nosa cidade e debemos de estar á altura das súas necesidades máis inmediatas.

Elas e eles son os que crearon emprego, riqueza e os grandes movilizadores da economía local, por iso non debemos esquecer as promesas e facelas realidade máis pronto que tarde.

Polo exposto, o Grupo Municipal Popular no concello de Betanzos, presenta a seguinte:

 

PROPOSTA DE ACORDOS

  1. Demandar ao Goberno do Estado a redución do IVE dos salóns de peiteado, pasando do actual 21% a un 10%, dando o apoio necesario para garantir a supervivencia deste sector e dos postos de traballo que manteñen, nun momento de especial necesidade por mor da crise da Covid-19.

 

  1. O concello de Betanzos aprobará e implantará, a través dos correspondentes órganos competentes,e con respeto a legalidade vixente as seguintes medidas:
  • Creación urxente da Mesa- Comisión de Hostelería- Comercio integrada por un membro de cada asociación/plataforma así como representantes dos tres grupos políticos que formamos a corporación municipal .

 

  • Descontar nos recibos da auga e lixo, dos hosteleiros, a parte proporcional do tempo no que estiveron pechados.

 

  • Deseño de Estratexia de dinamización e consumo no comercio, servizos e hostalaría local.

 

  • Aprobación dun plan de apoio extraordinario ás entidades sociais que se ocupan de cubrir as necesidades básicas dos casos de emerxencia social.

 

  1. O seguimento e a verificación do cumprimento das anteriores medidas incluirase como un punto específico da orde do día das sesións plenarias desta Corporación municipal.

 

SuperWebTricks Loading...