Cecilia Vázquez: «O PSOE leva aquí moitos anos e Betanzos vai para abaixo»
Entrevista a Cecilia Vázquez en La Voz de Galicia.
Cecilia Vázquez (Betanzos, 1977), a nova cabeza de lista do PP, partido no que milita dende os 16, presentou onte o seu programa de promoción de emprego elaborando en directo unha tortilla de patacas.
-O mandato non foi o máis apropiado, hai que diferenciar o urxente do prioritario, o máis importante é o patrimonio cultural e natural, e, por suposto, as persoas e en política social estamos algo coxos. Nunca vin un Betanzos tan sucio, e tan mal conservado. O Pasatempo, unha xoia única, está como está. As cousas non se fan en cinco minutos, pero os gobernos socialistas levan aquí moitos anos, e é certo que Betanzos vai para abaixo.
-Que leva no programa?
-Fixemos un programa sinxelo, entendible e cumprible, con dez puntos fundamentais: oportunidades de emprego, limpeza e mantemento, deporte, política sociais, educación e cultura, rural, patrimonio, seguridade e participación. Temos que ser realistas e ir a aquelas cousas que sexan urxentes e necesarias.
-E os proxectos estrela?
-No que respecta a infraestruturas, un centro de día, imprescindible para Betanzos. A creación dun centro de interpretación do gótico galego e estamos en conversas coa UDC con Ieside para facer un minicampus universitario. Infraestruturas deportivas, que Betanzos está moi coxo e unha estación de buses, que leva indo nos programas dos partidos trinta e pico anos e non a temos, que é importantísima para coordinar a mobilidade. Tamén a creación do que chamamos fábrica de soños: un viveiro de empresas, espazos coworking para emprendedores e servizos de información e asesoramento.
-Benefícialle a fragmentación?
-Visto a priori, a fragmentación está máis na esquerda que no centro dereita.
-Vese alcaldesa?
-Levamos moitos meses traballando e escoitando aos veciños e ao tecido asociativo. Non sei que ocorrerá, pero se a cidadanía o decide non habería maior orgullo.