MOCIÓN PARA QUE O CONCELLO DE BETANZOS ELABORE E PUBLIQUE NA SUA WEB MUNICIPAL UN REGULAMENTO DE USOS DO EDIFICIO MATADOIRO.

O Grupo Municipal do Partido Popular, ao amparo do disposto nos artigos 91.4 e 97 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, presenta ante o Pleno da Corporación Municipal esta MOCIÓN,con base aos motivos e consideracións desenrolados na seguinte:

Exposición de motivos:

Durante o mandato 2007-2011, levaronse a cabo o remate das obras do edificio coñecido como “Antigo Matadoiro”. Recuperábase desta maneira unha das obras máis representativas da arquitectura civil na cidade, construída no ano 1910.

Cabe recordar, que para a sua posta en marcha novamente, no pleno do 29 de marzo do 2011, o goberno municipal propuxo a calificación que se entendía como máis adaptada e catalogando o edificio como de servizos múltiples. Para elo, propuxose realizar un cambio xurídico do ben sen perder a súa condición de servizo público, cambiando a súa afectación por unha nova, fin ou servizo.

Nesta proposta que foi sometida a votación no Pleno, acordouse por unanimidade, en relación coa clasificación xurídica do edificio coñecido como “Antigo Matadoiro”, a modificar á afectación do mesmo como ben de servizo público e a súa inclusión no Inventario de Bens Municipais, e declarando ao dito edificio como de dominio público, clasificado como de servizo público afectado a servizos.

Xa naquel debate plenario, manifestábase que posteriormente ao cambio de calificación xurídica, sería necesario proceder á elaboración don reglamento de usos sobre este espazo de dominio público.

E por elo, que en xaneiro de 2013 o grupo popular elevaba a pleno unha proposta na que se instaba a que se levara a cabo a elaboración dun reglamento que instrumente e regule os usos ou accións que leven a cabo nas instalacións anteriormente citadas. Proposta esta que salía aprobada polo propio pleno e que volvería a propoñerse en septiembre do 2014 dado que non se levara a cabo a realización de dito documento.

Na actualidade, e a través da páxina web municipal podese observar que no apartado de regulamentos segue sen aparecer dito documento sobre o Edificio Matadoiro, unhas instalacións que como ben se dixera en anteriores debates sobre este asunto, requería dun regulamento para os seus usos.

Polo tanto, dada esta situación, proponse ao pleno da corporación a aprobación dos seguintes ACORDOS:

Primeiro.- Que no prazo de dous meses se presente por parte da concellería correspondente un regulamento municipal de usos do Edificio Matadouro e no que consten os puntos que foron aprobados nas sesións plenarias nas que se debateu sobre esta materia.

Segundo.- Que unha vez finalizada a sua tramitación e procedementos sexa publicado dito Regulamento no apartado específico na páxina web municipal.

Terceiro.- Que o Alcalde ou concelleiro no que delegue, leve a bo fin os citados acordos.

SuperWebTricks Loading...