MOCIÓN PARA QUE O CONCELLO DE BETANZOS REALICE UN PLAN EXTRAORDINARIO DE INVERSION MUNICIPAL.
O Grupo Municipal do Partido Popular, ao amparo do disposto nos artigos 91.4 e 97 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, presenta ante o Pleno da Corporación Municipal esta MOCIÓN,con base aos motivos e consideracións desenrolados na seguinte:
Exposición de motivos:
A regla de gasto está regulada no artigo 12 da Lei Orgánica 2/2012, do 27 de abril, de Estabilidade Presupuestaria e Sostenibilidade Financiera (LOEPSF), e que á súa vez ten a orixe no Reglamento (CE) 1466/97 don Consello, relativo ao esforzo da supervisión e coordinación das políticas económicas, Normativa comunitaria esta e de obligado cumprimento para o noso país. Tratase logo, dunha ferramenta esencial para impedir que os gastos estructurais crezcan por enriba dunha tasa de variación interanual común para todalas administracións públicas e tratando así de garantizar un saneamento financieiro.
Por outra banda, as entidades locais poden beneficiarse dunha regla especial para o destino do superávit, contida no artigo 32 da LOEPSF. Mediante a Lei Orgánica 9/2013, de 20 de decembro, de control da deuda comercial no sector público, introduxose a disposición adicional sexta na LOESPF, que permite ás Entidades Locais que presente un superávit ou remanente de tesourería positivo para gastos xerais, así como un nivel de deuda pública inferior ao límite ou un periodo medio de pago a proveedores que non supera o plazo máximo de pago establecido na normativa de medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais, realizar inversións que deben ser financieiramente sostibles e cuxo gasto non compute a efectos da aplicación da regla de gasto, aunque sí a efectos do cumplimento do obxectivo de estabilidade presupuestaria.
No desenrrolo desta norma, intorducíase unha disposición adicional, a decimosexta, no texto refundido da Lei Reguladora de Facendas Locais do RD Legislativo 2/2004, de 5 de marzo, e que define o concepto de sostenibilidade fiancieira e que debe de concurrir naquelas inversións, o procedimiento de aplicación e o ámbito obxectivo de aplicación.
Recentemente, vense de aprobar que o Goberno modifique esta disposición decimosexta incluida no RD 2/004, de 5 de marzo, en particular aos efectos no disposto na disposición adicional sexta da Lei Orgánica 2/2012, de 27 de abril, e na que se pretende ampliar a determinados grupos de programas nos que as inversións financieramente sostibles poidan ter reflexo presupuestario.
Por elo, e tras a recente información municipal do superávit e remanente positivo existente nesta administración e cifradas entorno aos 1,3 millóns de euros, dende o grupo popular valoramos que hai que dar solución e subsanar diversas deficiencias, algunhas de carácter prioritario, e que están a xenerar en moitas ocasións incomodidades, malestares, ou queixas contínuas na vecindade ou no texido asociativo do municipio.
Deficiencias ou incluso a inexistencia de sanemaento nalgunhas zonas da cidade ou parroquias, diversos servizos municipais que mostran carencias tanto en cuestións materiais coma de persoal, acessibilidade en instalacións de titularidade local, adecuación e mantemento de vías tanto urbáns como rurais, ampliación ou mellora da Biblioteca Municipal (Persoal, material, etc..), Apertura da Biblioteca Municipal e seu servizo, melloras en infraestructuras culturais e deportivas, melloras no apartado de seguridade e os seus efectivos, equipamento de dependencias municipais ou programas de fomento do empleo local, son algunhas das previsións a groso modo que dende esta formación opinamos que se debe de traballar neste sentido. Por elo débese abrir unha nova porta para que os grupos que conformamos a oposición, e que en definitiva representamos a unha gran maioria dos veciños, poidamos trasladar nun determindado tempo as necesidades e acutacións que se consideren no termo municipal ou ben nos seus servizos. Neste sentido cremos que a creación dun Plan Extraordinario de Inversión Municipal, e dada a pouca existencia desta nos derradeiros anos, sería unha boa oportunidade para comezar a correxir e subsanar graves deficencias que se dan no municipio.
Polo tanto, dada esta situación, proponse ao pleno da corporación a aprobación dos seguintes ACORDOS:
Primeiro.- Que se leve a cabo a creación dun Plan Extraordinario de Inversión Municipal en función do superávit existente no concello para o destino destes fondos,e acorde,loxicamente, ás previsións e modificacións por parte de Administración Central.
Segundo.- Que para elaboración desde Plan de Inversión, participaran ademais dos técnicos correspondentes, todolos grupos que conforman esta corporación e estimando os tempos necesarios para introducir as actuacións que cada grupo considere.
Terceiro.- Que o Alcalde ou concelleiro no que delegue, leve a bo fin os citados acordos.