GRUPO MUNICIPAL DO PARTIDO POPULAR DE BETANZOS ROGOS E PREGUNTAS NOVEMBRO DO 2017.
1.- Nas derradeiras semanas veciños e comerciantes da Rúa Profesor José Antonio Miguez, trasladannos a sua preocupación pola situación na que se atopa o valado e parcela ubicados no final da rúa, así como a maleza existente e que sobresae dito cerramento chegando ata a propia rúa. Da mesma maneira inciden os veciños que esta situación ademáis de provocar unha mala imaxe, provoca tamén insalubridade mais a estancia alí de roedores. Rogamos ao executivo municipal a que leve a cabo as acción necesarias para subsanar as deficencias e malestares trasladadas por a comunidade que alí residen.
2.- A situación do Complexo San Roque observase que continua cas mesmas deficencias en numerosos aspectos en relación á situación contractual existente. De feito, e dende as derradeiras reunións levadas a cabo no Concello co fin de clarificar e solucionar o contexto actual, podese observar que o escenario encontrase igual ou peor e sen ter máis información sobre o citado asunto. ¿ Qué avances leva feito o goberno local neste sentido? ¿ Qué accións se levaron a cabo sobre as que se falaron nas derradeiras reunións? ¿Ten valorado o executivo municipal volver a reunir á corporación para continuar ca labor dar solución a situación actual que se está a dar neste Complexo?
3.- Na pasada sesión plenaria celebrada o 30 de outubro, o Sr. Alcalde manifestaba a existencia dun novo compromiso por parte da Administración Provincial da Coruña de redactar un novo convenio para a construcción da Senda Peatonal dos Caneiros. ¿ Cales son ou serán as liñas que se reflejarán neste novo acordó? ¿ Qué partidas económicas se prevén? ¿ Qué previsións de datas existen para a realización deste novo acordo coa Deputación e que foi anunciado polo Rexidor na pasada sesión plenaria?
4.- Rogamos ao goberno local se nos de traslado á totalidade de grupos que conformamos esta corporación dun informe sobre todas as accións e requerimentos realizados por parte do executivo municipal no que levamos de mandato, para correxir e subsanar a situación de todas aquelas parcelas que se atopan nun claro e evidente estado de abandono medioambiental e que entran dentro das competencias desta administración local.
5.- En diversas zonas da parroquia de San Martiño, veciños do contorno veñen de trasladarnos as súas queixas polo estado de deterioro ou de falta de limpeza noutros casos, no que se atopa o mobilario destinado para a recollida de lixo, vidrio ou papel. Rogamos ao goberno municipal a que leve a cabo unha inspección da zona para revisar os citados puntos que presenten a deficencias trasladadas pola vecindade e dar solución a estas demandas.