MOCION PARA QUE O CONCELLO SUBSANE AS DEFICIENCIAS EXISTENTES NA PRAZA FUTBOLISTA AMADOR CORTES E INMEDIACIONES.

O Grupo Municipal do Partido Popular, ao amparo do disposto nos artigos 91.4 e 97 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, presenta ante o Pleno da Corporación Municipal esta MOCIÓN,con base aos motivos e consideracións desenrolados na seguinte:

 

Exposición de motivos:

 

Dende  o ano 2.014 ata a actualidade, veciños e usuarios das zonas da Rúa O Rollo ( no seu tramo final) e Praza Amador Cortés veñen rogando e reclamando ao actual executivo municipal unha serie de deficiencias que se están a producir no contorno citado con anterioridade e que cada día que pasa ditas faltas están a deteriorarse moito máis.

 

De feito, dende o grupo popular trasladamos xa en maio do 2016 a este salón plenario as demandas e queixas dos residentes destas zonas para que forman subsanadas. Por aquellas datas, esta formación daba conta das inquedanzas da propia comunidade de veciños e que  foron rexistrando dende o ano 2.013 escritos e peticións no Concello para que o actual goberno local, que xa gobernaba naquelas datas, fose poñendo remedio polo menos a algunhas das deficiencias que existen na zona e que a propia vecindade reclamaba e consideraba que eran actuacións prioritarias. Dábamos conta da mesma maneira por aquel entonces  das deficencias existentes e das cales os propios veciños manifestaban que non soamentes no eran subsanadas senon que a maiores e en ocasións non se lles contestaba nin sequera aos escritos rexistrados no concello.

 

Nos escritos que foron rexistrando, podíanse observar diferentes peticións, e que a día de hoxe esta comunidade e residentes seguen a rogar que se lles corrixa, ademáis de sumárselle novas deficencias.

 

– Deficiente mantemento das zonas verdes existentes nas inmediacións.

 

– Desperfectos no mobiliario urbán.

 

– Suciedade máis restos de vidrio como consecuencia das concentracións de xóvenes levadas a cabo na zona, e polo que se rogaba maior presenza policial.

 

– Deterioros e roturas claramente visibles nas barandas de madeira existentes.

 

– Falta de aspersores pola súa rotura ou roubo nas zonas axardinadas de titularidade municipal.

 

– Na esquina das vivendas sitas na Praza Amador Cortés con Rúa O Rollo, existe unha zona da

beirarrúa que se encontra afundida e que estaba a producir importantes filtracións de auga.

 

-Instalación dun dispositivo de reducción de velocidade mais eficaz do existente, xa que o actual non está a solventar a problemática a día de hoxe.

 

-Instalación dunha zona de xogo infantil nunha das áreas do entorno e apropiadas para tal fin.

 

-Mellora da iluminación.

 

Moitas destas peticións xa solicitadas no seu día , continuan na actualidade na mesma situación ademáis de incorporarse novas demandas. E por elo, que dende o grupo do Partido Popular volvemos a reiterar mais dun ano despois as inquedanzas da veciñanza respecto as deficencias existentes para que nesta zona, e dende o goberno municipal, se actúe para correxir os asuntos expostos con anterioridade ademáis de todos os que se poden observar nas inmediacións. Sendo conscientes da cercanía de petición por parte do Concello para concorrer nos fondos do Plan Único da Administración Provincial, quizás esta sea a canle apropiada para levar a cabo unha actuación específica nesta zona e dar solución a todalas demandas expostas nesta moción e que non son mais que o traslado por parte do grupo popular das inquedanzas e malestares da veciñanza e que a día de hoxe e tras reiteradas peticións, como xa mencionamos con anterioridade, seguen sen ser subsanadas por parte do goberno local.

 

Polo tanto, dada esta situación, proponse ao pleno da corporación a aprobación dos seguintes ACORDOS:

 

Primeiro.- Que a Concellería correspondente, leve a cabo as xestións oportunas para resolver as demandas expostas a través de fondos propios ou das axudas que próximamente se solicitaran a través dos plans provinciais.

 

Segundo.- Que o Alcalde ou Concelleiro en que delegue leve a cabo os trámites necesarios para dar cumprimento a estos acordos.

 

 

 

Betanzos, a 22 de novembro do 2.017

 

Grupo Municipal do  Partido Popular de Betanzos

 

SuperWebTricks Loading...