SOLICITUDE DE COMPARECENCIA DO DELEGADO DE SEGURIDADE
O Grupo Municipal do Partido Popular, ao amparo do disposto no Regulamento de Organización Municipal, presenta ante o Pleno da Corporación Municipal esta SOLICITUDE ,con base aos motivos e consideracións desenvoltos na seguinte:
Exposición de motivos:
Recentemente tivemos acceso ao proxecto de Control de acceso, dixitalización, control de ocupación e aparcamento do Casco Histórico de Betanzos, mediante instalación de cámaras. Dito proxecto está xerando moita intranquilidade entre os veciños e comerciantes, e tras o análise pormenorizado do documento, non atopamos como se vai realizar a operativa no que respecta a autorización de matrículas de veciños, comerciantes, vehículos de carácter comercial, repartidores, non residentes e demáis vehículos que teñan que ter acceso, así como a regulación do aparcamento.
- COMPARECENCIA DO DELEGADO DE SEGURIDADE DO CONCELLO DE BETANZOS PARA INFORMAR SOBRE DITO PROXECTO.